venres, 29 de abril de 2011

xoves, 28 de abril de 2011

Os animais

Para repasar a clasificación dos animais pica sobre a imaxe.

Nestoutra páxina podes ver imaxes de moluscos.

Para coñecer a diversidade dos artrópodos podedes visitar estas páxinas:

Para coñecer un pouco mellor os vertebrados da Península Ibérica:

http://www.vertebradosibericos.org/

luns, 4 de abril de 2011

Historias fantásticas


Un sábado pola maña, Carlota estaba tan tranquila na súa casa do bosque vendo a televisión e de repente sentiuse un estrondo. Saíu fóra e atopouse con que a súa casa estaba voando. Fixo unha viaxe ata o ceo, as nubes eran brandiñas e un can estaba na porta vixiando. Carlota acercouse e preguntoulle que tiña que facer. O can díxolle que tiña que ir ver ao gran deus; para ir velo tiña que pasar unhas probas: a primeira era andar por unha caixa de serpes; a segunda tiña que bucear no foso dos cocodrilos, na terceira tiña que andar por areas movedizas, na cuarta tiña que comer vermes. E na quinta tiña que comer rápido os espaguetis que fixera o can, pero o garfo empezou a moverse e meteuse só na boca de Carlota.


Uf, Carlota xa pasou todas as probas. O can díxolle que tiña o coello Fermín esperándoa ao final do corredor, fixouse no coello porque tiña ás, ou sexa que voaba.

Levoume ata unha porta que poñía: DEUS. Alí estaba o deus ó que a Carlota os seus pais dicianlle de pequena que el creara o mundo, que nos creara a nós e que era o máis poderoso. Carlota estaba un pouco nerviosa pero fíxoo, entrou; pero iso era distinto a como ela o imaxinaba, era como…¡unha praza de touros! Había un touro que estaba toureando; dixo Fermin que era o campeón de todo o ceo, Era boísimo entreando. Mentres o obserbaba fixamente oíase unha voz :Carlota…Carlota… Cando espertou todo era un soño, ¡vaia soño máis fantástico!

Andrea Mosquera Paradela





NA CORTE DO PORCO

Nun pequeno pobo de Galiza vivía un neno duns once anos chamado Nicolás; tiña unha irmá Sara. Vivían nunha granxa, pero non en calquera granxa, vivían nunha granxa máxica, na que había todo tipo de animais como: unha galiña que canta Chikilicuatre, un burro poeta, un unicornio que canta e baila… O único animal que non cantaba ou facía algo especial era o porco Pablo, que o único que sabía facer era falar. Un día Nicolás estaba escoitando música na luxosa corte do porco Pablo, e con luxosa refírome a que tiña unha piscina con barbullas, un equipo de música, etc… Ese día de verán pola tarde o Porco Pablo díxolle a Nico:
- ¿Por que eu non sei facer nada especial?
- Xa sabes facer algo- dixo Nico.
- ¿O que?- preguntou o Porco.
- Falar- dixo Nico.
- Pero iso non é especial- dixo o Porco.
Nico saiu correndo e o Porco Pablo quedo só na súa corte. Nico foi buscar ao resto dos animais para que lle ensinasen o que sabían facer. Pero… cando o burro quixo ensinarlle a facer rimas non facía máis que rimar Mera con pera. Así que lle tocou á galiña ensinarlle a cantar Chikilicuatre, pero… o porco non era capaz de cantar sen que comezase a chover, así que o elefante tratou de ensinarlle a bailara “loca” a canción de Shakira pero… o porco non era capaz de mover as cadeiras como fan Shakira e o elefante, así que foi o turno do unicornio, que lle quixo ensinar a bailar claquet, pero… o porco estaba tan gordo que non era capaz de mover as pernas.
- É imposible- dixo o porco- nunca serei especial.
- Iso non é verdade- dixo Sara- co paso do tempo descubriremos cal é o teu talento.
O porco asentiu coa cabeza. Un rato despois comezaron a contar chistes e descubriron que o talento do porco Pablo era contar chistes. Dende ese sábado pola tarde o porco é o cómico máis famoso do mundo.

Alba Casanova Casal


 Pedro Canzaslargas
Érase unha vez un neno chamado Pedro Canzaslargas. Un día foi a unha tenda de manualidades a mercar un pincel para pintar un cadro. O pincel custaba 5 euros, así que tivo que ir buscar mais cartos á casa. Cando volveu mercouno. Despois foi á casa a probalo. Pintaba ben pero, de súpeto, escoitouse: “thriller”, e colleu medo. O pincel seguiu bailando. Pedro foi chamar á súa nai para que o vira, pero cando a nai entrou, parou de bailar. A nai de Pedro díxolle que estaba soñando, pero Pedro non mentía. Foi chamar ó seu pai que tamén lle dixo que estaba soñando. Díxollo ás súas vintedúas irmás e tampouco o creron, pero o seu irmán Joaquín Canzaslargas sí que o creu e idearon un plan de abandono xa que o pincel estaba encantado.

Ó día seguinte foron a un mosteiro vello preto da súa casa. Alí todo estaba escuro e ía moito frío xa que estaban no mes de xaneiro. Había pingueiras que facían “tac, tac, tac”, o problema era que se escoitaban pasos dalguén, era pasos dunha persoa grande porque facían moito ruído.

De súpeto apareceu a sombra dunha persoa ó lonxe, pero segundo se ía acercando parecía máis grande e cheiraba peor.

Tiña as orellas grandes que parecían conos. E, entón, apareceu un “OGRO” que dixo:

- Que facedes no meu territorio?, este mosteiro é meu, así que fóra! –berrou o ogro-.

Pedro contestou:

- Só vimos traerlle un agasallo que penso que lle vai gustar: é verde, amarelo, longo e con pelos.

- Que é, unha boneca? –preguntou-.

- Non é un pincel que baila Michael Jackson!, - dixo Joaquín-.

- Ben, pois eu regálovos o mosteiro, -dixo o ogro pensativo-.

- Non, non o queremos, o mosteiro é a súa casa!, -exclamou Pedro-.

Pero de súpeto apareceu un pegamento, que por riba anda. E nun acuario un peixe que se colgaba das pólas que había. Era un peixe-mono. Pedro díxolle ó ogro:

- Se nos das o pegmento e máis o peixe pódeste quedar co pincel, vale? –dixo Joaquín-.

- Acepto, así que cando queirades podes vir tomar un café ou algo, -dixo o ogro-.

- Adeus, -contestaron os irmáns-.

- Adeus, -dixo o ogro, índose polo corredor porincipal-

FIN

Brais García García