xoves, 6 de decembro de 2012

Taumatropos para o día da Constitución


Onte tocou falar sobre o día da Constitución, que era e porque se celebra nese día. Para que nos quedara un recordo do falado fixemos uns taumatropos. O modelo podédelo ver en Actiludis.
Cando aínda no se inventara o cine, os rapaces xa xogaban coas ilusións ópticas das imaxes en movemento con xoguetes como estes. Neste vídeo tedes unha chea de ideas para crear outros.

venres, 23 de novembro de 2012

25 de novembro

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e con tal motivo onte estivemos a falar sobre este grave problema e para rematar preparamos o cartel que vedes, que está na entrada do noso edificio.

sábado, 17 de novembro de 2012

Carpetas para Exp. Plástica

Xa temos rematadas as nosas carpetas para gardar os traballos de Expresión Plástica. Cada un decorou ó seu gusto a cartolina, ben debuxando, ou pegando recortes, fotos... Pois iso, que cada un personalizouna cos seus intereses. Aquí tedes as fotos.




sábado, 27 de outubro de 2012

Flora de Galicia

Nesta presentación podedes repasar árbores e outras plantas típicas de Galicia. Ó final tamén aparecen algunhas que aínda que non son propias dos bosques galegos, si é habitual velas no noso entorno.

xoves, 25 de outubro de 2012

Unha ferramenta para crear...


Hoxe na clase presentamos esta aplicación que nos permite crear debuxos con moita arte. A soltar a imaxinación...

A voltas co clima de Galicia

Estes días estamos a falar do clima de Galicia. Esta páxina explica de xeito moi sinxelo o que é un climograma e mesmo podes meter ti datos e facer un (como xa fixemos en clase). Pica sobre a imaxe para acceder a ela.


Recordade que en METEOGALICIA podes atopar toda a información meteorolóxica da nosa comunidade, a previsión do tempo, as maeras, radares de precipitacións...

venres, 12 de outubro de 2012

Mapas para repasar

Picando no mapa podedes acceder a unha páxina que ten varios mapas para repasar a xeografía de Galicia. E de todo o mundo se vos animades a explorar!!

martes, 2 de outubro de 2012

Repasamos o relevo de Galicia

Comezamos un novo curso. E ímolo facer cuns enlaces relacionados con actividades de Coñecemento do Medio. Cada un dos mapas levarate a unha actividade diferente que che permitirá repasar aspectos variados de Galicia e tamén o relevo da nosa comunidade que estamos a traballar na primeira unidade.

Actividades para repasar o relevo e ríos de Galicia.

Máis actividades sobre Galicia


mércores, 27 de xuño de 2012

Despedida de curso


Chegou o verán, por fin. Todos necesitabamos un descanso, aínda que a min quédanme varios días para iso. Pero pouquiño a pouco xa imos disfrutando do verán.
Hoxe non tiven ocasión de despedirme como tiña pensado do meu grupo de alumnos.
A recollida de notas foi tan escalonada, e había moitas présas (...), polo que non conseguín que estiverades todos xuntos. Así que aproveito para desexarvos desde aquí un feliz verán, que todo vos vai ben nesa nova etapa que comezaredes en setembro. Xa sodes alumnado de E.S.O. (case todos). Pedirásevos máis esforzo, máis responsabilidade, porque sabemos que o podedes facer. Non esquezades escoitar e pensar antes de falar. Recordade que non estades sós, nin sodes o centro do Universo. Todos e todas formamos parte dunha comunidade que temos que construír todos e todas xuntos/as.
Permitídeme un último consello: sempre podemos aprender algo daqueles que nos rodean, pero temos que estar dispotos a aprender.
Espero que o camiño que vos queda por andar vos leve ó final que desexades.
Felices vacacións.

Últimos traballos do curso de Expresión Plástica

Xa que este curso a campaña da biblioteca era sobre o arte, inspirámonos nel para facer as últimas creacións.
A penúltima foi baseada na obra de Magritte "Ceci n'est pas une pipe". Usando o collage e poñendo un fondo de nubes tan típico da obra de Magritte fixemos estas composicións:


Por último volvimos ó arte ruso da man do xoieiro Fabergé, creador dos ovos de Pascua máis caros do mundo ó que imitamos creandos novos deseños:


Aquí podedes ver algún con máis detalle:


A algúns compañeiros non lles deu tempo de rematalo. Espero que se animen a facelo na casa, porque estaban quedando bastante ben, é había variedade.

martes, 5 de xuño de 2012

Día Mundial do Medio Ambiente

Hoxe fixemos unha recollida de lixo polo colexio, poñendo así o noso gran de area para mellorar o medio que nos rodea e poder conservalo. Na parcarta que elaboramos podedes ver varios consellos das cousiñas que día a día podemos facer a mellorar o lugar onde vivimos. A nosa actividade está inscrita no PNUMA (Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente).


O recuncho de arte rusa

Así quedou o noso recuncho de arte rusa na exposición da biblioteca. Non deixedes de botarlle un vistazo na entrada do Edificio A.

¡Cielos!¡Estamos rodeados!




xoves, 31 de maio de 2012

A arte de Fabergé

 
O outro día Google sorprendeunos cun "doodle" para celebrar o que sería o aniversario de Carl Fabergé.

Carl Fabergé (30 de maio de 1846 – 24 de setembro de 1920), foi un xoiero ruso.


En 1870 pasa a ser o responsable da empresa familiar de xoiería en San Petersburgo. Cunha excelente reputación como deseñador, traballaba con pedras preciosas, semipreciosas e metais, e realizaba deseños de diferentes estilos.

Para a Pascua de 1883 o zar Alexandro III, encargoulle ó orfebre Peter Carl Fabergé a construcción dun ovo para regalarlle a súa muller, a zarina María. O regalo consistiu nun ovo con cáscara de platino que contiña dentro un máis pequeno de ouro. Ó abrirse este último, encontrábase unha galiña de ouro en miniatura que tiña sobre a súa cabeza unha réplica da coroa imperial rusa. Este particular Ovo de Pascua gustoulle tanto á emperatriz que o zar ordenoulle a Fabergé que realizara un novo para cada Pascua.

Once foron en total os ovos que Alexandro III le regalou á súa muller. Logo, o seu fillo Nicolás II continuou con esta tradición e mandou a realizar outros para regalarlle á súa muller e á súa nai. Os cincuenta e sete ovos que confeccionou a casa Fabergé tiñan no seu interior algún obsequio, réplica en miniatura dunha das pertenencias dos zares.

Aquí tedes unha imaxes do seu traballo ou doutros artistas inspirados nas súas creacións.



Creacións de Fabergé - presentacion imagenes

xoves, 24 de maio de 2012

mércores, 16 de maio de 2012

Gañadores do concurso "Bergondo nun conto"

Xa se coñecen os gañadores/as do concurso de Bergondo nun conto. Aquí tedes o enlace que vos leva á páxina do Concello coa información..., e hai boas novas para alguén da clase...
http://www.concellodebergondo.com/texto.asp?id=232&id2=2503&idnoticia=5256

xoves, 3 de maio de 2012

Algúns traballos de Expresión Plástica.

O curso vai pasando e aquí tedes algúns dos traballos que fomos facendo:
 Máscaras de entroido, feitas a partir de papel de periódico e pintadas con témperas rematando con decoracións variadas...



 Estes son algúns dos collages que se fixeron co tema do bosque:


Co gallo do 8 de marzo, Día Internacional de Muller traballadora, e tendo en conta a campaña de biblioteca (a arte) coñecemos a obra da pintora coruñesa Elena Gago, e debuxamos unha estancia da nosa casa:

luns, 30 de abril de 2012

Xogo de puzzle

Este enlace levaravos a un sinxelo xogo de puzzle onde teredes que encaixar pezas para cubrir unha superficie. Os primeiros niveis son sinxelos, pero pouco a pouco vaise complicando.
http://www.juegosdiarios.com/juegos/sliding-cubes-2.html

mércores, 28 de marzo de 2012

Conxunción planetaria


Xúpiter e Venus brillarán no ceo ata o próximo sábado e poderán ser observados, mirando cara ó oeste, siempre que as condicións meteorolóxicas o permitan, desde cualquera punto do planeta. A noite do martes, ambos planetas eran visibles, moi preto un doutro, desde cualquera punto da xeografía española sen nubes, mesmo no centro das grandes cidades. Á espalda, tamén será fácil distinguir ó colorado Marte.


Este espectáculo astronómico, para o que non se necesita ter un telescopio a man (aínda que con este instrumento aínda é máis atractivo), ten lugar cuando Venus e Júpiter se acercan ata situarse a tres graos de distancia e á súa vez non están lonxe do noso planeta. De feito, estes días son os dous obxectos máis brillantes do ceo nocturno despois da Lúa, de maneira que a conxunción que formarán os tres corpos son perfectamente visibles.

luns, 19 de marzo de 2012

O entomodelfo de Alba Casanova

O ENTOMODELFO


O entomodelfo é un animal mamífero. Nacen de ovos e viven en grandes manadas. Cando a nai pon os ovos tardan en incubarse dúas horas e nace o entomodelfo. Un entomodelfo cando nace, nace cuberto de plumas que logo se converten en pelo. Cando o entomodelfo nace incorpórase á manada e o pai é o que se encarga de darlle de mamar ata que pode comer alimentos sólidos como as froitas´que é o que comen cando son adultos. Cando o entomodelfo ten arredor duns tres anos empeza a buscar parella, para iso fan uns espectaculares bailes. Cando todos os entomodelfos da manada teñen parella a manada completa trasládase a outro país mais caloroso para construír os niños e poñer os ovos. Cando o entomodelfo ten arredor duns oito anos xa son considerados adultos aínda que poñen os ovos aos tres anos. Un entomodelfo adulto pesa arredor duns sesenta quilos e aliméntase de froita variada. Cando os entomodelfos son moi mayores volven ao seu lugar de nacemento e viven alí ata a súa morte. Un entomodelfo non vive mais de de trinta anos e non son fáciles de ver xa que en canto ven a un humano fanse invisibles e só se deixan ver o dezaoito de xuño, que é o seu día especial.



venres, 9 de marzo de 2012

O entomodelfo de Ismael Domínguez

Ola! Chámome Ismael e teño un Entomodelfo na miña casa.El chámase Lois e sempre, sempre vai de traxe e gravata. El non traballa, é mais, pasa todo o día folgazaneando. Para min é o meu mellor amigo: ve a tele comigo, xoga comigo e encántalle que lle lea un conto, sempre o mesmo. Cando eu vou para á escola el vaise cos seus de parranda e non volve ata que eu chego da escola. El é moi bo pero sempre anda a xogar co balón na casa e ademais e moi, moi, moi patoso: vai andando e tira as lámpadas, tira bólas e rompe os espellos, tropeza con todo… Pero, a pesar diso é moi simpático e divertido. El ten unhas enormes ás, pero non sabe voar e por iso todos os días cando remato os deberes axúdolle a voar: el estende as ás e eu empúrroo para que co vento logre voar: ten ás porque provén dunha familia de paxaros que o abandoaron a súa sorte nun bosque frío e solitario, onde eu, un día paseando, encontreino.E dende aquel día é a miña mellor mascota, e por iso, intento coidar del o mellor posible para lograr que sexa feliz na súa vida e impedir que alguén o escravice ou o trate mal.    

xoves, 8 de marzo de 2012

O entomodelfo de Iria Cano

O MEU ENTOMODELFO


O meu Entomodelfo naceu no fondo do Mar Negro. Saíu dunha esponxa marina. Non se coñece ós seus pais pero pódese entender que o abandoaron á súa sorte. Aliméntase basicamente de ourizos (dálle igual que sexan dos animais ou ourizos das castañas). Pódese atopar en calquera parte.

É un bicho raro, ten un corpo en forma de ovo, de cor azul e con puntiños vermellos. A súa cola é coma a dun castor e de cor amarelo. As patas son coma as dun pato, de cor verde. A cabeza é dunha forma rara, co nariz dun porco, os ollos saltóns e unhas antenas para que poida falar. A cara é de cor violeta.

Venme visitar cada vez que fai calor porque así aproveita para darse un baño na miña piscina. O que máis lle gusta é durmir nunha hamaca entre dúas árbores.

Iria Cano Fariñas

luns, 5 de marzo de 2012

Enlaces Unidade 5 de Coñecemento do Medio

Sectores económicos

http://www.ceipjuanherreraalcausa.es/Recursosdidacticos/SEXTO/Conocimiento/u11/1104.htm

Páx. 84, 85
http://www.clarionweb.es/6_curso/c_medio/cm611/cm61101.htm

Páx. 96, 97
http://centros3.pntic.mec.es/cp.antonio.de.ulloa/webactivhotpot/raiz/Hot%20Pot/cono6/geoghumana/economia.htm

Páx. 96, act. 3
http://internauta.vicensvives.es/ctl_servlet?_p=internauta&_c=LlibresUC&_m=obrirLlibre&_s=frameLlibre.jsp&idIcona=0000000117&idLlibre=0000001260




O entomodelfo de Brais García

Sansón o Entomodelfo


O meu Entomodelfo é unha cousa estraña, por iso hai que permancer atentos á descrición.

El sempre viste de traxe e garabata para as ocasións, é un animal educado.

O seu corpo está formado dende a “merda” máis pequena ata a trapallada máis grande: rodas de coche, tubos de escape, tesoiras...

Se comezamos por abaixo atopamos unhas zapatillas de señora de oitenta anos cubertas por zapatos de pel carísima e verde. Nas pernas soe levar medias térmicas, chándal da casa, curto. Na barriga leva una camiseta, típica de rapazas con gañas de ligar, curta, ensinando o embigo. Leva lentes de sol, coma as do Rei cando tivo o golpe no ollo, orelleiras e pucha de durmir.

El é o único da súa especie, que nace en Shonchirolankorato. Non sei moi ben onde está iso!, por se queriades preguntar. A súa especie sabe voar, pero el non voa. Veu ata a miña casa nadando sen saber nadar. É unha ave mamífaro-ovípara-vivípera e non pon ovos. Nas pernas só ten os ósos. O pico empregao para apoiar os lentes, aínda que non sei para que os quere porque a pucha tápalle ata os ollos.

En canto nace, xa moi espabilado, decide montar unha festa, aínda que é el só.

Logo emigra a España onde está só trinta segundos. Despois vai a grande USA, pero marcha porque non lle gusta Le Bron James, xogador do Miami Hear, non lle gusta Obama porque o noso amigo é republicano e pasa de tanto estrés. Despois pérdese no mundo e máis tarde volve a aparecer na miña casa.

El non está na casa porque discuto coa miña muller sobre quen frega os pratos. Vaise despois de comer. Agás a comer, só vén cando está cansado de perseguir a outro da súa especie, aínda que non hai.

El é o alcalde e dirixe a Asociación de veciños “Pepe Gamela só sabe fumar”, unha asociación tonta sen beneficio. A el non lle para a cabeza!!!

domingo, 5 de febreiro de 2012

Algúns traballos de Expresión Plástica

 Estes días expuxemos algúns dos traballos da unidade 2: vexetal


 Tamén estamos rematando as bruxas.
E como o outro día foi o día da Paz, coloreamos unhas pombas.

Na biblioteca...

Este venres visitamos a biblioteca do cole para coñecer o traballo que imos realizar durante a campaña.
Despois de escoitar unha historia dun museo, averiguamos que imos continuar coñecendo Rusia, xa que imos traballar sobre arte ruso.