mércores, 18 de decembro de 2013

Decoración de Nadal.

Hoxe fixemos estas árbores de Nadal para colgar. Son moi sinxelas. Só necesitades 6 círculos de cartolina en diferentes tamaños e un fío para colgalos. Espero que vos gusten.




mércores, 11 de decembro de 2013

Comentarios a Billy Elliot

Nos últimos días de Educación para a Cidadanía estivemos vendo e analizando a película Billy Elliot e nos comentarios podedes ler os nosos comentarios e valoracións.

luns, 9 de decembro de 2013

As estacións e o movemento de translación.

O outro día na aula xurdiu unha dúbida sobre as estacións e a duración do día e a noite nos polos. Con estes vídeos tentaremos explicar o que sucede.

martes, 26 de novembro de 2013

Poñendo cor a historia.


Así de chula loce a entrada do noso cole cos traballos do alumnado de 6º de Ed. Primaria.

Buscamos fotos de Bergondo en blanco e negro de hai uns anos e puxémoslles algo de cor. Estas fotos permítennos ver algún dos cambios do noso concello.

25 de novembro

Onte, 25 de novembro, foi o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para traballar un pouquiño sobre este tema aquí temos un enlace a unhas actividades sobre igualdade de valores. Picade sobre a imaxe para acceder a elas.

martes, 12 de novembro de 2013

Exposicións do alumnado.

Como traballo de grupo da unidade 2 de relevo de España, os alumnos fixeron a presentación das costas ós seus compañeiros.

Presentación da costa cantábrica.

Presentación da costa atlántica.

Presentación da costa mediterránea.




mércores, 25 de setembro de 2013

Repaso Unidade 1 Coñecemento do Medio

Enlaces con actividades para repasar os contidos da unidade 1 de coñecemento do medio: Enlace 1 Enlace 2 Enlace 3 http://www.clarionweb.es/6_curso/jclic6/c_medio/tema6/cm606.htm http://clic.xtec.cat/db/jclicApplet.jsp?project=http://clic.xtec.net/projects/rocas/jclic/rocas.jclic.zip&lang=es http://www.clarionweb.es/6_curso/c_medio/cm606/cm60601.htm

Os ángulos

luns, 23 de setembro de 2013

Terremotos

Neste enlace tedes información ampliada sobre os terremotos, a súa orixe, efectos... Picade sobre a foto para acceder a ela.

domingo, 2 de xuño de 2013

Románico e gótico

No enlace que vos deixo premendo na imaxe podes acceder a unha páxina na que se amosan fotos de catedrais de toda Europa nos dous estilos: románico e gótico. Así pódenser estudar mellor as diferenzas.



xoves, 30 de maio de 2013

venres, 24 de maio de 2013

África oriental e central

Aquí vos deixo a presentación que acompañou á exposición que fixeron onte os alumnos e alumnas sobre o seu traballo de África.




Para acompañar a presentación foron lendo o seguinte guión:




xoves, 2 de maio de 2013

Unha tarxeta sen fin

 ¿Como felicitar a mamá esta fin de semana? Pois aquí vos deixo este vídeo que explica como facer unha tarxeta sen fin. Botádelle imaxinación e a crear o voso propio agasallo.


luns, 15 de abril de 2013

Descubrindo a Euler

Hoxe Google recordounos a este excepcional matemático. Neste vídeo (en dúas partes) pódese ver todo o que lle debemos nas Matemáticas e nas ciencias en xeral.



mércores, 10 de abril de 2013

As siluetas de África.


Con este traballo de siluetas negras con fondos cálidos ou fríos imos ambientando o colexio co tema da campaña de Biblioteca.



sábado, 2 de marzo de 2013

A voltas coa Estatística

Que mellor xeito de comezar a traballar coa Estatística que facendo unha pequena enquisa e mostrando os resultados nun gráfico. Aquí están os resultados dos traballos feitos nestes días pasados.






Tamén aproveitamos para facer unha gráfica, ó grande, cos datos que recollimos durante o primeiro trimestre na caseta meteorolóxica.



mércores, 6 de febreiro de 2013

martes, 29 de xaneiro de 2013

Día da Paz

Mañá, mércores 30 de xaneiro é o día da Paz e con este motivo preparamos entre os dous grupos de 5º o mural da fotografía que está na entrada do edificio C. Esperamos que vos guste.

martes, 22 de xaneiro de 2013

O amencer do home

Neste documental, que aparece en catro partes, podedes ver a vida na Prehistoria, nas súas diferentes etapas, como vivían e como foron progresando.










domingo, 20 de xaneiro de 2013

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Os símbolos de Galicia

Seguimos estudiando a nosa comunidade, Galicia, e nesta presentación recóllense os símbolos de Galicia cunha pequeña explicación.


Os enlaces do final da presentación son os seguintes:
Vídeo

Versión Karaoke

martes, 8 de xaneiro de 2013

Vídeos...

De volta á rutina quero mostrarvos un par de vídeos que descubrín hoxe. Espero que vos gusten.

A historia do noso planeta resumida en 2 minutos.



As máquinas non resolven todos os problemas.