venres, 11 de decembro de 2015

Animais invertebrados.

Estamos a estudar os animais invertebrados. Aquí vos irei deixando algúns vídeos para coñcelos mellor.

As esponxas.



Os cnidarios.



Os anélidos.



Os equinodermos





xoves, 29 de outubro de 2015

28 de outubro - Día mundial da Animación.

O pasado día 28 de outubro celebrouse o Día Mundial da Animación. En 1892, tivo lugar no Museo de Grevi de París a primeira proxección pública de Émile Reynaud Théâtre Optique (Teatro Óptico), un claro antecedente da cinematografía de animación.

Émile Reynaud - día mundial de la animación

O seguinte vídeo é o corto de animación gañador do Oscar á mellor curtametraxe animada de 2015Feast (en España Buenas migas), dirixido por Patrick Osborne:

luns, 19 de outubro de 2015

Tal día coma hoxe...


Un 19 de outubro de 1862 nacía en Besançon (Francia) Auguste L.N. Lumière, quen xunto ó seu irmán foi un dos pioneiros da fotografía e inventor do cinematógrafo.
Comezou a traballar desde temprana idade co seu irmán Louis. Xuntos, en 1892, e motivados pola posibilidade de fotografar imaxes en movemento crearon o proxector cinematográfico.
Non obstante, os principais intereses de Auguste eran os temas médicos. De feito, aproximadamente en 1910, instalou un laboratorio de investigación en Lyon.
Nas últimas décadas da súa vida dedicouse case exclusivamente á medicina. Así, foi o primeiro en traballar cunha máquina de raios X en Francia e, grazas ós seus coñecementos en química e radioloxía converteuse tamén no director do departamento de radioloxía do Hospital de Lyon.
Faleceu o 10 de abril de 1954,

xoves, 1 de outubro de 2015

Algas microscópicas

As diatomeas (Bacillariophyceae) son algas unicelulares microscópicas. Existen máis de 100 mil especies delas e o seu tipo máis común é o fitoplacto que comen as baleas.
As súas distintas formas, tamaños e cores atraeron ó diatomista Klaus Klemp, que pasou case 10 anos experimentando con esta forma de arte para crear unha serie de coridas composicións tipo mandalas. O brillo das diatomeas que se ve nas fotografías de Klemp débese a que están están cubertas por caparazóns cristalinos que resplandecen cando se colocan por debaixo dunha lente.
Baseándose no traballo dos científicos victorianos que comezaron creando arte con microscopios, o traballo de Klemp consiste en encontrar, capturar, limpar e organizar estas células. Imitando este traballo analóxico, Kemp utiliza so un microscopio e un par de pinzas, demostrando a súa impresionante técnica para mostrarnos a beleza oculta dos organimos máis pequenos da Terra.


venres, 25 de setembro de 2015

xoves, 24 de setembro de 2015

Eclipse de Lúa

Na noite do 27 ó 28 de setembro haberá eclipse de Lúa, aínda que a hora á que se producirá (empezará ás 4:11) quizais non é a mellor para disfrutala. No enlace que vos deixo picando na imaxe tedes un montón de información.



luns, 21 de setembro de 2015

Descubre como es.

Imos comezar o curso na área de Valores Sociais e Cívicos partindo dunha actividade para coñecernos un pouco mellor e aprender a respectar a diversidade que nos rodea.

Pica no enlace para empezar.

mércores, 24 de xuño de 2015

Traballos con cuadrícula.


Ó longo do curso fixemos algún traballo con cuadrículas.
No primeiro deles tiñan que copiar o debuxo da esquerda e a continuación colorear un con cores frías e outro con cores cálidas.

Outro dos traballos consistía en copiar un peixe, ben sinxelo, e despois colorealo nunha gama de tons dunha mesma cor.




xoves, 28 de maio de 2015

A Torre de Hércules

Aló polo mes de decembro puidemos desfrutar dunha exposción na Senra titulada "As Mariñas de nunca xamais". Nela, Luis Galán, o autor das obras, mostraba unha serie de obras sobre a comarca das Mariñas traballadas a partir de ilustracións vectoriais.
Desta exposición xurdiu o idea para este proxecto. A nosa campaña da biblioteca para este curso invitábanos a viaxar polas Terras da Coruña. Así como símbolo da provincia collimos a Torre de Hércules que compuxemos con papeis de varias cores. Aquí están as fotos do resultado.














Deseña unha xoia para a túa nai

O Colexio Oficial de Xoeiría convocou un concurso que consistía en deseñar unha xoia para o día da nai. Algúns dos alumnos e alumnas das clase participaron pero non tivemos sorte. Estes son os deseños que presentaron. Igual o vindeiro ano temos máis sorte.








Aquí tedes o enlace para ver os premiados.

 Premio do concurso


Observando o desenvolvemento das sementes

Durante este mes tivemos na aula varias sementes coas que puidemos observar a súa xerminación e o proceso de formación das raíces, talos e follas.


xoves, 14 de maio de 2015

luns, 13 de abril de 2015

Time lapse: o nacemento dunha árbore

No vídeo que vos deixo podedes ver como dunha landra nace un novo carballo. Se tedes curiosidade en internet podedes atopar moitos vídeos parecidos.


martes, 17 de marzo de 2015

Eclipses

O vindeiro venres, 20 de marzo, se as nubes o permiten poderemos presenciar unha eclipse de sol.

Ollo!, non mires directamente ó sol sen usar a protección necesaria.

Para recordar que é unha eclipse temos este vídeo.




martes, 10 de marzo de 2015

María Wonenburger.

O pasado día 8 de marzo celebrouse o día Internacional da Muller Traballadora, e ben preto de nós viviu unhas das mulleres mátemáticas máis destacadas dos últimos anos.

mércores, 25 de febreiro de 2015

Estatística

Un ano máis o alumnado fixo os seus traballos de estatística, con variedade de temas. Os resultados están expostos no corredor baixo do edificio C.

24 de febreiro - Homenaxe a Rosalía


Onte participamos na homenaxe a Rosalía de Castro polo seu 178 aniversario. Co poema que traballamos e os debuxos elaboramos este mural.

La luz

Xa que este 2015 é o ano internacional da Luz, aquí vos deixo un vídeo sobre a súa natureza e características.

martes, 10 de febreiro de 2015

Paisaxes

Dentro dos traballos de Ed. Plástica deste curso hoxe expuxemos as nosas paisaxes, tan distintas unhas doutras, como variado é o alumnado.

luns, 9 de febreiro de 2015

Ano Internarcional da luz 2015

O ano 2015 foi nomeado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas como "Ano Internacional da luz e as tecnoloxías baseadas na luz".


martes, 13 de xaneiro de 2015

Día da Constitución

Así nos quedou o noso mural-esquema coas palabras claves do día de Constitución (cun pouquiño de retraso)