martes, 20 de decembro de 2016

venres, 16 de decembro de 2016

A lectura dos xoves...

... que foi en venres. Hoxe quen nos leu un anaquiño foi Miki Bardanca. Contounos que lle gusta este libro porque combina a narración con cómic.

sábado, 26 de novembro de 2016

martes, 22 de novembro de 2016

O puntillismo

Cun pouquiño de retraso pero xa estamos de volta!
E para empezar un par de vídeos sobre o puntillismo, un movemento pictórico do impresionismo. Dentro dunhas semanas veremos os resultados do coloreado que está facendo o alumnado con esta técnica.




xoves, 2 de xuño de 2016

Lotte Reiniger

Hoxe "Google" sorprendeunos cun "doodle" sobre a artista alemana Lotte Reiniger que hoxe faría 117 anos. Naceu en Berlín e morreu en 1981. Esta cineasta interesouse polo cine desde a adolescencia e fixo as súas primeiras películas cunhas tesoiras e papel. Foron as sobras que precediron a Disney.
Aquí vos deixo un par de enlaces e un vídeo por se queredes aprender algo máis da historia do cine.

http://www.levante-emv.com/vida-y-estilo/tecnologia/2016/06/02/lotte-reiniger-maestra-cine-adelanto/1426582.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/informacion/2016/06/01/lotte-reiniger-sombras-precedieron-universo-disney/00031464800380949106672.htm

https://es.wikipedia.org/wiki/Lotte_Reiniger



martes, 3 de maio de 2016

Concurso "Deseña unha xoia para a túa nai"

Un curso máis algúns dos alumnos e alumnas do grupo participaron no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai" convocado polo Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia. 


Estes son os deseños presentados e temos que felicitar a Mariña García Iglesias, que foi unha das 80 finalitas do concurso, aínda que finalmente non gañou na súa categoría. 
Parabéns!



No seguinte enlace tedes máis información sobre os finalistas e os gañadores do concurso.


luns, 11 de abril de 2016

Un proxector de cine

Espero que vos guste este vídeo que atopei sobre como facer un proxector caseiro. Seguimos a darlle voltas ó cine que o tema proposto pola biblioteca neste curso.



martes, 23 de febreiro de 2016

Animais en perigo de extinción.

Aproveitando o estudo do reino animal vimos algúns dos animais en perigo de extinción, estudando as causas que provocan a diminución da poboación dos mesmos así como algunhas das medidas que se levan a cabo para evitar a súa desaparición.