mércores, 19 de decembro de 2018

venres, 14 de decembro de 2018

Fichas informativas sobre animais.


Esta semana rematamos un breve traballo de investigación sobre animais. A primeira parte era individual é consistiu en completar unha ficha sobre o animal que eles escolleron. Unha vez feitas as fichas o traballo en grupo consistiu en buscar un punto en común para asociarse con outros compañeiros, quedando así os grupos como están expostos.

Máis coloreados.

Máis traballos de coloreado en ceras brandas ou rotuladores.



mércores, 28 de novembro de 2018

Coloreados con rotulador

Primeiros coloreados a rotulados. Imos cun pouco de retraso porque as carpetas levaron máis tempo do programado.


martes, 20 de novembro de 2018

Dia dos dereitos da Infancia

Hoxe, día 20 de novembro é o día internacional da infancia, para conmemorar a declaración dos dereitos dos nenos e nenas. O alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 5º de Ed. Primaria estivo traballando o tema e preparamos este mural para recordarlle a todo o mundo os seus dereitos.

luns, 12 de novembro de 2018

Traballando a reciclaxe

Hoxe o alumnado no 5º está a traballar sobre a reciclaxe co obradoiro do CEIDA "E ti que fas polo mundo"




martes, 16 de outubro de 2018

La ceremonia del té

Hoy, estuvimos hablando sobre el té. En Japón la preparación del té es toda una ceremonia. En este vídeo podéis ver todo el ritual.




mércores, 10 de outubro de 2018

O Guernica

O 10 de outubro de 1981 o Guernica regresou a España. Hoxe en día exponse no Museo Reina Sofía en Madrid. Este vídeo mostra de forma moi resumida algunha das interpretacións desta obra de Picasso.




martes, 9 de outubro de 2018

Refraneiro

Fixemos unha pequena colección de refráns de cada un dos meses do ano, e seguro que hai moitos máis.


venres, 5 de outubro de 2018

Son un crac...

Ter unha boa autoestima é importante para afrontar os novos retos. 
Aquí está unha pequena mostra das cousas nas que eles cren que o fan moi ben.


luns, 24 de setembro de 2018

Vídeo do Apolo XI

Apolo XI

Se picades arriba ides ó enlace do vídeo que non podemos ver na aula, por problemas técnicos.

venres, 14 de setembro de 2018

Empezamos...

Hoxe co alumnado de Valores estivemos falando sobre os desexos.


Cada unha destas pedriñas representa un soño dun rapaz ou rapaza. Pero para que os soños se fagan realidade hai cousas que non podemos controlar, pero hai outras que si.


Así que poñendo un pouco de esforzo de cada un, imos a por un novo curso. 
Feliz andadura.



mércores, 30 de maio de 2018

Mandalas


Algúns dos traballos de coloreado con ceras brandas deste trimestre.


Este é un exemplo dos traballos de coloreado con rotuladores.


E este son os traballos de coloreados con lapis de cores.





xoves, 17 de maio de 2018

Magnetismo

http://www.microsiervos.com/archivo/ciencia/colisiones-magneticas-1000-fps.html

Neste enlace accededes á páxina de Microsiervos, que sempre ten cousiñas relacionadas coas Ciencias e as Matemáticas. Neste caso tedes uns vídeos sobre magnetismo.

mércores, 9 de maio de 2018

9 de maio, día de Europa

Hoxe, 9 de maio, retiramos o mural do 7 de abril, e puxemos o de día de Europa, onde recollemos a presenza de distintos países europeos na prensa.



domingo, 18 de marzo de 2018

mércores, 7 de marzo de 2018

Coloreado con ceras brandas.

O traballo de coloreado con ceras brandas deste trimestre parte dunha obra de Kandinsky. 


É estes son os primeiros resultados. Unha cousiña, eles non viron o orixinal.



xoves, 22 de febreiro de 2018

Preparando a visita á Casa das Ciencias.

O vindeiro martes visitaremos a Casa das Ciencias e a Domus na Coruña.
Para ir preparando esta visita aquí vos deixo un enlace a unha lista de vídeos sobre a exposición da 2ª planta da Casa das Ciencias "Puro swing" no que podemos observar o funcionamento dos péndulos.

https://youtu.be/d68BUFk-Ixc?list=PLX4Axa-K8BoOIwP8ya-R0QxHtLPvJSKpC



Neste outro enlace podedes navegar pola páxina dos Museos Científicos onde tedes información e planos sobre os mesmos.
http://mc2coruna.org/es/que-ver.html


xoves, 8 de febreiro de 2018