mércores, 27 de xuño de 2012

Despedida de curso


Chegou o verán, por fin. Todos necesitabamos un descanso, aínda que a min quédanme varios días para iso. Pero pouquiño a pouco xa imos disfrutando do verán.
Hoxe non tiven ocasión de despedirme como tiña pensado do meu grupo de alumnos.
A recollida de notas foi tan escalonada, e había moitas présas (...), polo que non conseguín que estiverades todos xuntos. Así que aproveito para desexarvos desde aquí un feliz verán, que todo vos vai ben nesa nova etapa que comezaredes en setembro. Xa sodes alumnado de E.S.O. (case todos). Pedirásevos máis esforzo, máis responsabilidade, porque sabemos que o podedes facer. Non esquezades escoitar e pensar antes de falar. Recordade que non estades sós, nin sodes o centro do Universo. Todos e todas formamos parte dunha comunidade que temos que construír todos e todas xuntos/as.
Permitídeme un último consello: sempre podemos aprender algo daqueles que nos rodean, pero temos que estar dispotos a aprender.
Espero que o camiño que vos queda por andar vos leve ó final que desexades.
Felices vacacións.

Ningún comentario: