xoves, 1 de outubro de 2015

Algas microscópicas

As diatomeas (Bacillariophyceae) son algas unicelulares microscópicas. Existen máis de 100 mil especies delas e o seu tipo máis común é o fitoplacto que comen as baleas.
As súas distintas formas, tamaños e cores atraeron ó diatomista Klaus Klemp, que pasou case 10 anos experimentando con esta forma de arte para crear unha serie de coridas composicións tipo mandalas. O brillo das diatomeas que se ve nas fotografías de Klemp débese a que están están cubertas por caparazóns cristalinos que resplandecen cando se colocan por debaixo dunha lente.
Baseándose no traballo dos científicos victorianos que comezaron creando arte con microscopios, o traballo de Klemp consiste en encontrar, capturar, limpar e organizar estas células. Imitando este traballo analóxico, Kemp utiliza so un microscopio e un par de pinzas, demostrando a súa impresionante técnica para mostrarnos a beleza oculta dos organimos máis pequenos da Terra.


Ningún comentario: