Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta paz. Amosar todas as publicacións

martes, 29 de xaneiro de 2013

Día da Paz

Mañá, mércores 30 de xaneiro é o día da Paz e con este motivo preparamos entre os dous grupos de 5º o mural da fotografía que está na entrada do edificio C. Esperamos que vos guste.

domingo, 5 de febreiro de 2012

Algúns traballos de Expresión Plástica

 Estes días expuxemos algúns dos traballos da unidade 2: vexetal


 Tamén estamos rematando as bruxas.
E como o outro día foi o día da Paz, coloreamos unhas pombas.

sábado, 30 de xaneiro de 2010

Día da Paz

O 29 de xaneiro no cole celebramos o día da Paz.
Para iso ademais de preparar unhas danzas e cantar todos xuntos a canción de Roberto Carlos "Yo quiero tener un millón de amigos", cada día da semana fixemos unha pombiña na que escribiamos algunhas cousas que todos podemos facer para poñer un pouco máis de paz no mundo.

NON  BERRES
NON EMPURRES
NON PELEXES
AXUDA NA CASA E ÓS TEUS AMIGOS
SE ESPECIALMENTE AMABLE, USA "POR FAVOR" E "GRAZAS"

Con estas pombas escribimos a palabra paz na ventá e as que nos sobraron puxémolas na entrada no cole.




Agora o importante é que isto non sexa para un día ou unha semana, senón que sexa o normal de tódolos días.