Amosando publicacións coa etiqueta proxecto biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto biblioteca. Amosar todas as publicacións

luns, 26 de agosto de 2019

E aínda faltaban máis...

Pois aínda faltaban os traballos en grupo...

Estes traballos foron feitos en grupos de 6 alumnos/as. Logo foron expostos aos seus compañeiros na aula. Os vídeos quedaron mal, por problemas técnicos, así que só vos ensinamos os documentos.






Máis traballos sobre Extravaganzza

Nesta entrada aparecen os últimos traballos que faltaban por subir sobre a lectura de "As peripecias de Extravaganzza Pérez" de Ledicias Costas.

 No libro aparecen unha boa morea de seres vivos que comparten aventuras con Extravaganzza. Sobre eles fixemos unhas fichas para coñecelos un pouco máis.
 

Tamén aprendemos moitas cousas que investigamos individualmente ou en parella...
 
18 19 extra traballos from anillampl

E por último tamén ampliamos o noso vocabulario.




sábado, 20 de xullo de 2019

Ilustrando a Extravaganzza

Hoxe mostramos os debuxos que o alumando fixo despois da lectura "As peripecias de Extravaganzza Pérez" de Ledica Costas.






























venres, 19 de xullo de 2019

O noso proxecto deste curso


Como cada curso a biblioteca propón un tema para traballar. Este curso que xa rematou o tema era o futuro. Despois da lectura do libro de Ledicia Costas, As peripecias de Extravaganzza Pérez, decidimos investigar partindo do libro.

Decoramos a porta da clase cos flamengos protagonistas do libro.


Preparamos traballos de vocabulario sobre diferentes temas a partir do libro.



Estudiamos sobre os animais e plantas que aparecen (e hai un poucos...), e moitas outras cousas que ían aparecendo. E parte dese traballo expuxémolo a final de curso na entrada do cole. 


Tamén fixemos un mapa da viaxe de Extravaganzza no que hai que desprazarse usando os "Escornabots".




En vindeiros días mostraremos algúns traballos con máis detalle. 

E perdón pola tardanza.






venres, 25 de setembro de 2015

A Capela como parte das Fragas do Eume

Aquí está, por fin, o traballo elaborado o curso pasado sobre o concello de A Capela, como parte da comarca das Fragas do Eume.


venres, 28 de novembro de 2014

Arquitectura de Bergondo

Este traballo foi feito polos meus alumnos e alumnas do curso pasado, pero estaba pendente a súa publicación. Máis vale tarde ca nunca.

xoves, 24 de maio de 2012