Como cada curso a biblioteca propón un tema para traballar. Este curso que xa rematou o tema era o futuro. Despois da lectura do libro de Ledicia Costas, As peripecias de Extravaganzza Pérez, decidimos investigar partindo do libro.
Decoramos a porta da clase cos flamengos protagonistas do libro.
Preparamos traballos de vocabulario sobre diferentes temas a partir do libro.
Estudiamos sobre os animais e plantas que aparecen (e hai un poucos...), e moitas outras cousas que ían aparecendo. E parte dese traballo expuxémolo a final de curso na entrada do cole.
Tamén fixemos un mapa da viaxe de Extravaganzza no que hai que desprazarse usando os "Escornabots".
En vindeiros días mostraremos algúns traballos con máis detalle.
E perdón pola tardanza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario