luns, 10 de febreiro de 2014

Entomodelfos (I)

O meu entomodelfo é moi grande. Ten unhas ás brancas enormes e un rabo verde moi pequeno, e o seu corpo é todo rosa . A súa comida favorita son as landras e os limóns moi acedos . O meu entomodelfo é orixinario dos bosques ou selvas. O meu entomodelfo naceu dun ovo moi grande de cor morado. Como xa dixen ten ás pero pon os seus ovos no barro. Dixen antes que o ovo era morado pero cando o entomodelfo vai nacer ponse de cor amarelo. Ten un nariz moi bo para atopar comida. E uns dentes especializados para romper as landras. Tamén ten us cornos nos extremos do nariz. Coas súas pernas pode saltar e nadar moi rápido porque son como as da ra, son verdes.
Martín Andrade Paz

O meu entomodelfo, máis ben entomodelfa , é a mellor mascota do mundo. É cariñosa, fiel , obediente, limpa e sempre quere xogar comigo . É unha mestura de varios animais moi diferentes. Cabeza de elefante de cor rosa e orellas de cor lila, na testa sobresaen uns cornos vermellos, corpo de ovella coa la amarela , sinal de que está sa. De vaca ten as patas, aínda que verdes con pezuños vermellos, e os ubres rosados. Os bigotes e o rabo de cores son de guepardo. O entomodelfo o é un animal doméstico, mamífero e herbívoro. Pode chegar a vivir 30 anos e alcanza o tamaño dunha ovella. Ao longo da súa vida pode chegar a ter 8 crías, dálles de mamar ata que teñan un ano de vida. As crías nacen brancas e ao longo do tempo vanse poñendo de cores. Os machos teñen os cornos máis grandes e úsanos para loitar polas femias no momento do celo.
Julia Barallobre Carballal
Eu teño unha entomodelfo chamada Strela. O entomodelfo é un animal e nace de ovos. Ten un ovo cada catro anos e plumas cando nacen. É un animal mamífero que nace de ovos. Cando está en estado de ninfa emigra aos lugares que hai castañas, é doado ver como apañan as castañas . Cando nacen están en Groenlandia e as nais vense obrigadas a emigrar sen os seus fillos, e éste está obrigado a sobrevivir só . Algúns non sobreviven a tal perigo xa que hai depredadores en Groelandia. O meu entomodelfo soe vir cando chove ou cando ten fame, soe ter fame varias veces ao día. Non soen vivir máis de 90 ou 80 anos. Os entomodelfos non se compran nin se regalan, acoden a ti. Este é o meu entomodelfo STRELA.

María Mercedes Corral Suárez-Anzorena

Ningún comentario: