martes, 11 de febreiro de 2014

Entomodelfos (II)

O meu entomodelfo chámase Xavier. Ten os ollos azuis, o pelo amarelo, o pico vermello, o corpo branco, a cara azul e as patas laranxas, tamén ten unhas ás verdes e unhas orellas negras. É un animal vertebrado, reprodúcese mediante ovos e é un animal que se alimenta de insectos e animais pequeniños . Un entomodelfo vive entre 35 e 45 anos como máximo. Cando pon os ovos tarda en saír 18 minutos e nace o entomodelfo. Cando o entomodelfo nace vai xunta a nai, para que lle dar de mamar. Cando ten 19 anos busca parella, para formar unha manda e buscar comida. Cando forma a súa manda van cazar todos xuntos para a comida do inverno. Pesa entre 60 e 78 quilos aproximadamente, cando son maiores vanse a un lugar onde faga moito sol. É un animal mamífero. Cando teñen 11 anos os entomodelfos son considerados adultos.
Ibsa Bernárdez Pousa

O meu entomodelfo é moi alto e ten a cola dun pavo real. A cola de pavo do entomodelfo é de moitos cores: azul, verde, vermello, etc. Ó meu entomodelfo gústalle comer ovos con patacas e leite con cereais; a súa actividade preferida é xogar ao escondite. Tamén lle gusta moito xogar cun balón que ten e mandalo moi lonxe. A el gústalle moito estar dentro da casa no inverno e no verán gústalle ir ao bosque a bañarse nunha poza que hai preto. El vixía a miña casa e a dos veciños, se ve alguén que non coñeza empeza a picarlle e a berrar para que os veciños e mais eu , espertemos e chamemos á policía.
Andrea Santiso Vázquez



Ningún comentario: