xoves, 13 de febreiro de 2014

Entomodelfos (III)


Como é o meu entomodelfo.

O que come: come froitas, verduras... come de todo menos carne e cousas doces.

Os seus coidados: cada dúas horas hai que darlle de comer alternando unha vez repolo e outra cebola, hai que sacala a pasear unha vez ao día, hai que acariciala unha hora ao día e hai que durmir con el.

Que aspecto ten: ten un peteiro de ave, ten a forma da cara de flamengo, o pescozo de xirafa, dúas xibas de camelos, patas, cola de puma e ten tatuaxes e é maiormente lila.

Cales son os seus costumes: na época de apareamento os machos fan un baile, cada 137 anos os machos emigran a París a competir nun concurso de beleza e os bebés entomodelfo en canto nacen vanse para sempre e non volven.

Onde nacen e onde morren: nacen en Galicia e morren e emigran (en París).

Canto viven: viven 1379 anos, e once días e 33 segundos.

Como obter un: podes compralo (en primavera) ou deixar que veñan (en inverno).

Carmen Mosquera Varela


O meu entomodelfo é pequeno coma un gato, ten unhas ás de bolboreta de cores, os pezuños de ouro e a súa cola é moi longa e ten unha trenza de cor violeta. As súas manchas son con formas moi estrañas e cando dorme ponse de cores; ten un raio na cabeza, é a súa marca de nacemento.

Ten unhas flores de cor rosa no pescozo que son máxicas, porque cando come unha faise máis grande. Os seus cornos cambian de cor segundo o ánimo que teña; cando está alegre están de cor laranxa e cando esta triste están de cor azul.

O meu entomodelfo é carnívoro, pero só come un tipo de animal, o castor. Ten que emigrar unha semana para coller algún e traelo.

Normalmente dorme en calquera planta de cores rechamantes. O meu entomodelfo enfádase moito por unha cousa: por exemplo cando levamos roupas de cores negras ou grises.
Porque ela é moi alegre e non lle gustan esas cores tristes.

Sandra Blanco Ascariz


Ningún comentario: