luns, 17 de febreiro de 2014

Entomodelfos (IV)



O meu entomodelfo é un mamífero marrón, con dúas cabezas. Unha cabeza ten o pelo en lapas (este cuspe lume e come guindillas) e a outra ten un dorsal na cabeza (cuspe un chorro de auga, come pescado). Cada unha destas cabezas está nun lado do corpo. Ten catro pernas e seméllase a un cabalo.


Úsase como: cazador, garda, mascota... A única cousa que me queda por dicir é que se non ten os zapatos postos pode morrer de frío.

Joseph S. Barr


O MEU ENTOMODELFO

O meu entomodelfo é moi divertido, tamén é moi tranquilo, o máis gracioso del é o seu corpo que é: corpo de porco, pescozo de xirafa, cabeza de paxaro, rabo de gato e catro patas de paxaro. Compreino hai dous anos e custoume sobre uns 200,00€, que pensándoo ben é pouco diñeiro para un entomodelfo.

Contáronme que ó nacer mide 2 m de altura e 5 m de ancho, tamén me contaron que era moi afable de pequeno.

Na adolescencia emparéllanse e fecundan, despois dun ano poñen de 1-10 ovos, despois emigra e morre sobre os 50 anos.

Ah!, esquecérame, tamén ten ás.

Ricardo Carro Armada


Eu chámome Pablo, e teño un entomodelfo, que se chama Donal.
Este é Donal:
Donal, é un entomodelfo macho, tamén é moi veloz, é carnívoro e como vedes ten un ollo máis grande e redondo ca outro. As pernas son diferentes unha da outra.
E ten un rabo moi grande e peludo pero non é estraño porque el tamén é grande e peludo e ten so unha orella moi grande que parece unha cresta.
Cando durme ronca e fai estrondo todo.
O que máis lle gusta son as ovellas, as vacas, os porcos...
Donal é dunha cor verdosa pasando a gris e a orella é amarela, ten unha nariz e unha boca pequenos e uns dentes de vampiro e os pezuños tenos moi sucios, de barro e de todo.

Pablo Fernández Paradela


O meu entomodelfo ten corpo de galiña, patas de elefante , cabeza de pato e pescozo de xirafa, segundo as miñas observacións O meu entomodelfo é de varias cores, amarelo, vermello, azul e verde e ten uns ollos de peixe de cor lila. Eu vou a pasear con el e sempre cando pasamos ó lado da praia mira as boas vistas da posta de sol porque imos o atardecer. Cando chegamos á casa ten moita fame e eu doulle a súa comida favorita: pomelos con amorodos; aínda que tamén come leituga, remolacha, porco asado e xeado de pistacho con tropezóns de amorodo.

Ah, si!Case se me esquezo de que o meu entomodelfo chámase Tato. A el encontreino cando ía o meu traballo e dábame moita pena deixalo alí e collino e leveino á miña casa e así o coñecín, e sempre me tratou como se fóra o seu pai verdadeiro.

Dende ese día estiven buscando en todas as enciclopedias de que especie de ser vivo trataba Tato e conseguino, este ser vivo nace no polo norte e como vai moito frío a nai e o fillo son forzados a emigrar. Tamén descubrín que nacen dun ovo, (que é ovíparo) tamén é semiacuático.
Entón estou tratando este animaliño coma se fose a miña vida, porque están en perigo de extinción, e no meu barrio so hai dous entomodelfos un meu e outro dun veciño co que Tato xoga todos os mércores polas tardes despois de almorzar. Ben, adeus, que teño que darlle de comer a Tato.

Héctor Gómez Lema



 O meu Tractodelfo encontreino nunha gabia nunha caixiña de zapatos. Abrina, encontreino intentando romper a caixa coas súas rodas e eu quedeime mirando por que iso era moi raro. Entón leveino para a miña casa pero eu non sabía o que comía. E entón un día veu comer chatarra que a metía nunha especie de caixón e despois triturábaa; e creceu moito e el non era moi agarimoso coas persoas de fóra pero comigo si. El ten rodas e unha crista grandísima e uns cornos grandísimos, parécese a un tractor e púxenlle tractodelfo, e foi moi feliz comigo, mide de altura 3 m e de ancho 4m.

Manuel González Souto



 O entomodelfo e un ovíparo, mamífero.
Ten cabeza de pelicano, o pescozo de xirafa, a barriga de avestruz, cola de rato e patas de coello.
Vive en Galicia pero vai poñer o seu ovo na Antártida e volve a Galicia para coller castañas.
Voa a 310 km/h, pode vivir en casas cerca de castaños e tamén ás veces come tortilla, pero é un
animal que pode xogar ó fútbol pero non aguanta máis de 5 horas sen saír fóra a facer as súas necesidades.
Ten uns dentes moi velenosos e só lle fai caso ó seu dono. Cando alguén lle pega vai perseguilo e cravarlle os seus dentes.
Tamén pode actuar coma espertador.



Ningún comentario: