luns, 19 de outubro de 2015

Tal día coma hoxe...


Un 19 de outubro de 1862 nacía en Besançon (Francia) Auguste L.N. Lumière, quen xunto ó seu irmán foi un dos pioneiros da fotografía e inventor do cinematógrafo.
Comezou a traballar desde temprana idade co seu irmán Louis. Xuntos, en 1892, e motivados pola posibilidade de fotografar imaxes en movemento crearon o proxector cinematográfico.
Non obstante, os principais intereses de Auguste eran os temas médicos. De feito, aproximadamente en 1910, instalou un laboratorio de investigación en Lyon.
Nas últimas décadas da súa vida dedicouse case exclusivamente á medicina. Así, foi o primeiro en traballar cunha máquina de raios X en Francia e, grazas ós seus coñecementos en química e radioloxía converteuse tamén no director do departamento de radioloxía do Hospital de Lyon.
Faleceu o 10 de abril de 1954,

Ningún comentario: