Amosando publicacións coa etiqueta cine e libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine e libros. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de outubro de 2015

28 de outubro - Día mundial da Animación.

O pasado día 28 de outubro celebrouse o Día Mundial da Animación. En 1892, tivo lugar no Museo de Grevi de París a primeira proxección pública de Émile Reynaud Théâtre Optique (Teatro Óptico), un claro antecedente da cinematografía de animación.

Émile Reynaud - día mundial de la animación

O seguinte vídeo é o corto de animación gañador do Oscar á mellor curtametraxe animada de 2015Feast (en España Buenas migas), dirixido por Patrick Osborne:

luns, 19 de outubro de 2015

Tal día coma hoxe...


Un 19 de outubro de 1862 nacía en Besançon (Francia) Auguste L.N. Lumière, quen xunto ó seu irmán foi un dos pioneiros da fotografía e inventor do cinematógrafo.
Comezou a traballar desde temprana idade co seu irmán Louis. Xuntos, en 1892, e motivados pola posibilidade de fotografar imaxes en movemento crearon o proxector cinematográfico.
Non obstante, os principais intereses de Auguste eran os temas médicos. De feito, aproximadamente en 1910, instalou un laboratorio de investigación en Lyon.
Nas últimas décadas da súa vida dedicouse case exclusivamente á medicina. Así, foi o primeiro en traballar cunha máquina de raios X en Francia e, grazas ós seus coñecementos en química e radioloxía converteuse tamén no director do departamento de radioloxía do Hospital de Lyon.
Faleceu o 10 de abril de 1954,