Necesitades:
- O cartón dun rolo de papel hixiénico (e non me digades que non tedes...)
- Pincel (non moi groso)
- Pintura branca (ou dunha cor clara)
- Cartulina negra (ou dunha cor escura)
- Bastonciños dos oídos (recorda non tiralos ao inodoro)
- Gomas elásticas (para agrupar bastonciños, fíxate ao inicio do vídeo)
- Tesoiras
- Algodón
Botádelle un vistazo ao vídeo, preparade os materiais e a crear.
Un consello, entre paso e paso deixade secar un pouquiño, para non emborranchar.
Outra idea: se non tedes cartolina negra ou escura, podedes facelo cunha clara, pero entón usade pintura dunha cor escura ou rechamante, para que destaque.
Á volta espero ver a vosas artistadas. Xa queda menos para volver!
Neste enlace podedes ver algunhas probas que fixen eu.
https://anillampl.blogspot.com/2020/03/dente-de-leon.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario