Amosando publicacións coa etiqueta 19/20. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 19/20. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de xuño de 2020

Despedida e peche 03

Últimos traballos de despedida recibidos: Sara Villar, Ainhoa Babío, Saray Fernández e Alonso Seoane.
Feliz verán!


Tamén recibimos este debuxo de Icía Rego. Boas vacacións!



venres, 12 de xuño de 2020

Optativas de 1º E.S.O.

De cara a organizar o vindeiro curso, dende o centro, necesitamos saber a previsión de elección de optativas do alumnado de 1º de ESO. 
Este alumnado xa está matriculado na Aula Virtual do Cruz do Sar para poder facer a preelección.
Teñen de prazo ata o 19 de xuño. 
Na aula virtual hai máis información sobre as optativas.
Teñen que entrar na Aula Virtual do Cruz do Sar e seguir estes pasos:

Paso 1: Tecleo Aula Virtual Cruz do Sar e accedo como non identificado (arriba á dereita según foto)


Paso 2: Tecleo Nome de Usuario: nome e primeiro apelido en minúculas e seguido.
              Contrasinal: por defecto poñer 1500 (logo débese cambiar)


Paso 3: Cambiar o contrasinal (debedes de recordalo para sempre)


Paso 4: Continuar.


Paso 5: Ir á Páxina Principal (pinchar arriba á esquerda según fota paso 5)


Paso 6: Ir a ORIENTACIÓN SECUNDARIA.


Paso 7: ir a ORIENTACIÓN EDUCATICA SECUNDARIA


Paso 8: ir a Elección de optativas para o vindeiro curso para 1º ESO


Paso 9: Pinchar en Answer the questions (según foto paso 9)


Paso 10: Poñer nome e epelidos e escoller unha materia de cada apartado e pinchar en Submit Questionnarie (Foto paso 10)


Paso 11: Pinchar en continuar (así remata a selección e se pode sair da Aula Virtual)






Traballos de Ed. Plástica.

Unha nova entrega dos artistas de 6º. 

Que é un estereograma?

Hai uns días atopei en redes sociais unhas imaxes deste tipo. Hai moitos anos estiveron de moda, había varios libros con elas (aínda non tiñamos móbiles nin tabletas).

     


A min sempre me custou un montón velas, e sigo tendo días que non son quen ver ningunha. Pero sí é certo que, coma en todo, a práctica axuda.

Aquí tedes un par de vídeos que vos explican o que son e como conserguir velos. Pausade o vídeo para velas, é mellor na tableta ou no móbil (por aquilo de acercar ou alonxar a imaxe).

Xa tedes un entretemento para hoxe que chove.



luns, 8 de xuño de 2020

8 de xuño, Día Mundial dos Océanos.



O noso océano é o noso futuro

Cando pensamos nos riscos para a saúde pública, é posible que non pensemos no océano. Sen embargo, cada vez máis, a saúde do océano está íntimamente ligada á nosa saúde. Algúns poden sorprenderse ao saber que organismos descubertos a profundidades extremas  utilízanse para acelerar a detección de COVID-19, e o que podreía ser aínda máis asombroso, que este é un ecosistema que podería dar unha solución á humanidade.
Esta é unha das múltiples razóns polas que debemos celebrar o Día Mundial dos Océanos: para recordar a todos oi papel importante que teñen os océanos na vida cotiá. Eles son os pulmóns do noso planeta,  a maior parte do osíxeno que respiramos. O propósito do Día é concienciar á opinión pública sobre as consecuencias que a actividade humana tene para os océanos e  poñer en marcha un movimento mundial ciudadano a favor dos océanos. Este día quiere mobilizar e unir á poboación mundial entorno ao obxectivo da xestión sostible dos océanos, que son unha fonte importante de alimentos e medicinas e unha parte esencial da biosfera. En deninitiva, esta celebración é un bo motivo para celebrar xuntos a beleza, a riqueza e o potencial dos océanos.

Nestoutro enlace podedes ver unha recreación interactiva da elevación do nivel do mar en varios lugares do mar Cantábrico e do océano Atlántico. Despois do texto tedes as localizacións, entre outras, a ría de Betanzos. 


xoves, 4 de xuño de 2020

Proxectos inacabados

Con isto do confinamento quedaron proxectos e traballos sen rematar. 

Un deses proxectos foi Digicraft no teu cole.

Xa que nestes momentos comenzades a estar algo cansos, podedes usar as ferramentas para poder crear (dentro das posibilidades de cada quen e do material co que conten) pequenas historias, facer algunhas actividades e traballar algo de programación. No enlace tedes toda a información.


Á esquerda hai un menú para ver as diferentes opcións según intereses.
Nese espazo tamén tedes o correo de José Fariña, por se tedes algunha dúbida. 

Tamén quedou pendente a lectura de Centauros do Norte. Se tedes o libro na casa, recordade que tamén o debedes devolver, xunto con outros que teñades da biblioteca.

E outro que quedou parado foi o reto semanal. No último que puxemos foi no que máis participastes e tamén cun 100% de acertos.  Na imaxes tedes como quedou a clasificación. Está por orde de lista, así que aínda que quitei o nomes podedes saber como quedou a cousa. Os tres con máis puntuación recibirán un diploma no correo electrónico. 


martes, 26 de maio de 2020

venres, 15 de maio de 2020

O valor do esforzo

Para reflexionar sobre o valor do esforzo.

 

Xa o tiñamos visto na clase, pero nestas circunstancias, nas que é moi doado deixarnos levar pola pereza, pode axudarnos para afrontar con máis ganas o que nos queda de curso.
Moito ánimo para todos e todas.

mércores, 13 de maio de 2020

ESTALMAT Galicia

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da Comunidade Autónoma, anuncia a Convocatoria 2020 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2007 ou 2008.

Inscrición:

1. Datas de inscrición: do 10 de maio ao 20 de xuño de 2020, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data e mesmo poderá abrirse un período complementario nos días anteriores á celebración da proba.

2. Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o formulario adxunto de inscrición dispoñible na páxina web do proxecto (http://www.estalmatgalicia.com). No lugar correspondente do formulario, pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas. Esta posibilidade é opcional e non afecta nin condiciona a avaliación.

No seguinte documento tedes máis información

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/05/08/6ef9ca2757b2bb5fc68beccd966d8698.pdf

sábado, 9 de maio de 2020

9 de maio, Día de Europa

Hoxe, día 9 de maio, celébrase o Día de Europa en recordo da Declaración de Schuman, feita o 9 de maio de 1950, na que se propuxo crear unha nova forma de cooperación entre nacións europeas. De aí xurdiu a actual Unión Europea.
Pero ata chegar ese momento, Europa ten moita historia. Aquí tedes un vídeo para repasar o máis destacado.


luns, 4 de maio de 2020

Música desde a casa.

Hoxe imos facervos algunha recomendación musical. Para iso creamos esta lista de reprodución en Youtube.

As vosas achegas:
Gabriel González: Queen – Bohemian Rhapsody 
Mario Chacón: KASE.O - BACALAO feat. EL MOMO a.k.a. MARIO MAHER
Aldán Rodríguez: Rosario - No dudaría
Aldán Rodríguez: Rosendo - Pan de higo
Roque Hernández:  Elvis Presley - If I Can Dream
Pedro Hernández: Ed Sheeran - Shape of You
Yago Cives: Lucía Pérez - Torres de Compostela
Manuela Piñón: David Bisbal, Aitana - Si Tú La Quieres





Agora queremos que cada un/unha de vos escolla unha canción para compartir cos demais compañeiros/as  neste confinamento e nós engadirémola na lista de reprodución. Mándalle a recomendación ao teu titor ou titora. Se todos poñemos o noso gran de area, teremos música para un bo anaco. Veña, xa estades tardando.

venres, 24 de abril de 2020

Bergondo nun conto

Xa temos en marchar o concurso Bergondo nun conto, que como todos os anos convocan o Concello de Bergondo.


Nesta ocasión pídenvos que contedes, nun texto, nun conto, nunha poesía ou nun debuxo os voso sentimentos, como estades a vivir esta situación, en que vos está axudando todo isto, como falades coas vosas amizades e familiares, ou se convivides con alguén que recorde outros confinamentos. A idea é compartir e así construír entre todos e todas o Bergondo nun conto 2020.

Así que animádevos, facede o voso traballo. Unha vez feito escanéao ou saca unha foto e envíao por correo electrónico a: cultura.deportes@bergondo.gal ou a través dunha mensaxe na páxina de Facebook da Axencia de Lectura de Bergondo. Recorda que debes indicar o teu nome, apelidos e teléfono. Se tedes dificultades para mandalo podedes poñervos en contacto no 981 791 252, ext. 4, e desde o concello tentarán axudarvos. 

Cando volvamos a vernos, os/as participantes recibiredes un bono para comprar en tendas de Bergondo. 

De entre todos os traballos escollerán un para a foto de portada da páxina de Facebook da Axencia de Lectura de Bergondo. 




xoves, 23 de abril de 2020

O ovo saltarín

Clara envíanos un experimento moi chulo que fixo na casa, e moi sinxelo. Botádelle un vistazo e animádevos a facelo.


mércores, 22 de abril de 2020

Debuxar con perspectiva

Neste primeiro vídeo o debuxo é mais simple...



Este segundo víeo é un pouquiño máis longo, e con máis detalle.
Está en inglés, pero seguro que o podedes seguir, ou poñerlle subtítulos en español.



E para rematar, este vídeo é un pouco longo, pero está moi ben explicado, e dá moitos detalles de como conseguir profundidade.