luns, 30 de marzo de 2020

LINGUA GALEGA (30/03)


Todo o alumnado
Vai a este enlace e mira e escoita.
Logo fai a ficha seguinte
  Busca o nome de cinco grupos musicais que canten en galego.
________________________________________________________________________________________________________________________________

Nome do meu grupo musical que viches no vídeo.  ________________________________________________________________
Estilo musical ( clásica, rock,folk,jazz,hip-hop....) ________________________________________________________________

Onde e cando se formou ?_________________________________________


Cantas persoas o integran? _____________________________________________________

Que instrumentos utilizan?
______________________________________________


Houbo  cambios nos seus compoñentes ? ________________________________________________________________

Manteñen o estilo musical dende o inicio?_____________________ _______

Títulos de CD publicados__________________________________________
________________________________________________________________

Fixeron colaboracións con outros grupos ou solistas ?__________________

Compuxeron música para outras actividades  (cine,teatro,danza..)?
________________________________________________________________


Que instrumento che gustaría tocar a ti? Que grupo musical é o teu preferido?



Busca un enlace dun video seu e escríbeo aquí

________________________________________________________________














Comprensión lectora Todo o alumnado
LE A SEGUINTE RECEITA, BUSCA OS INGREDINTES E LOGO ELABÓRAA COA AXUDA DUN ADULTO (PAI, NAI, AVÓ…)

BISCOITO DE IOGUR SABOR LIMÓN
BIZCOCHO DE YOGUR SABOR LIMÓN

Pois si, un simple biscoito de iogur. Quen non fixo algunha vez o biscoito de iogur? Creo que todo o mundo (ou case) probou a facelo e seguro que é o máis socorrido en caso de necesidade de algo doce. É simple, é do máis simple e con todo delicioso. Con esta receita básica todos facemos as nosas variacións, cada un seguro que ten o seu toque que o fai particular. Eu xa probei moitas variantes, substituír o iogur por queixo crema, por nata, con ambos, con chocolate, con noces... Este tipo de biscoito é o que uso para facer tortas con recheos e queda perfecto. Esta vez a variante foi o limón e é un delicado bocado con sabor a limón do máis delicioso. Hai miles de receitas pola rede deste tipo de biscoito, pero faltaba a miña.






Ingredintes
1  iogur de limón, o vaso  usarase  como medida
2  medidas de azúcar
1  medida de aceite de xirasol
3  ovos
   Reladura  de limón
4-5  culleradas de zume de limón
2 1/2  medidas de fariña
1  medida de amendoas moídas
1  un sobre de Royal



Realización
- Baleiramos o iogur nun bol, engadimos o azucre e mesturamos. Incorporar o aceite, remover.
- Cando teñamos unha mestura homoxénea engadimos os ovos un a un mesturando ben.
- Incorporamos a raspadura, o zume e para rematar a fariña, a améndoa e o royal. Engadimos cada medida por separado, cando a primeira medida de fariña estea ben integrada engadimos a seguinte ata rematar con todo.
- Introdúcese no molde elixido cuberto con papel de fornear ou untado con manteiga e espolvoreado con fariña.
- Só queda metelo en forno prequecido a 180º durante 45 minutos (o tempo e a temperatura son orientativos, cada forno ten as  súas peculiaridades.)






AGORA A COMPARTIR E DISFROITAR






Traducir do castelán (Todo o alumnado)
1. El color rojo es mi preferido, tengo la costumbre de ponerme ropa muy original. 
2. Enciende ya el fuego para calentar la leche, la miel y las legumbres del almuerzo. 
3. Como aquí llueve mucho en el arte gallego está muy presente el agua y sus colores. 
4. El origen del problema está en el orden en que declaraban los testigos. 
5. Yo distingo los castaños, los manzanos, los perales y las higueras; pero no los almendros, los naranjos y los cerezos. 
6. Se parece a su madre en la nariz, la sonrisa y unha señal en la frente y supongo que su sangre será muy similar. 
7. El fraile comentó que el yerno le trató siempre como a un perro y le cargaba de trabajo como a una yegua. 
8. La reina paró en Xinzo y se comió unha codorniz de primero, ancas de rana de segundo. 
9. Estaban una catalana, una alemana y una orensana discutiendo quién era mejor ciudadana, máis cristiana y de moral sana. 
10. Los generales españoles compraron miles de fusiles y puñales, cañones, aviones, misiles, para conquistar una ciudad llena de hoteles. 
11. Con tales leyes non se protegen las pieles de los animales salvajes de algunos países africanos. 
12. Se ha hecho un análisis para determinar la dosis de antibiótico que debe tomar para vencer su amigdalitis. 
13. Desde su garage se puede empezar un hermoso viaje por el paisaje costero que se recoge  en un cortometraje televisivo. 
14. Dimitió por darle una coz a un diputado y gritarle que tenía dos baúles azules llenos de dinero negro procedente de los controles comunitarios. 
15. Para evitar la cárcel por los avales bancarios vendió unos anillos y unas diademas de la dote de su abuela. 
16. Después se descubrió que la ladrona era una joven que había sido campeona de atletismo del margen izquierdo da la Ría de Vigo. 
17. La labor de extraer sal marino y subirlo a la cumbre en la que está la villa fue cosa de personas casi gigantonas. 
18. Las cuestiones eran fáciles y ellas eran ágiles respondiendo. La primera era sobre símiles, la segunda sobre túneles de velocidad. 
19. La niña china coge una sola zanahoria cruda y se la come entera. 

















Agora corrixe
1.A cor vermella é a miña preferida, teño o costume de poñer roupa moi orixinal.
2. Acende xa o lume para quentar o leite, o mel e os legumes do xantar.
3. Como aquí chove moito na arte galega está moi presente a auga e as súas cores.
4. A orixe do problema está na orde en que declaraban as testemuñas.
5. Eu distingo os castiñeiros, as maceiras, as pereiras e as figueiras; mais non as amendoeiras, as laranxeiras e as cerdeiras.
6. Seméllase a súa nai no nariz, o sorriso e un sinal na fronte e supoño que o seu sangue será moi similar.
7. O frade comentou que o xenro o tratou sempre coma un can e cargábao de traballo coma unha egua.
8. A raíña parou en Xinzo e comeu un paspallás de primeiro, ancas de ra de segundo.
9. Estaban unha catalá, unha alemá e unha ourensá discutindo quen era mellor cidadá, máis cristiá e de moral sa.
10. Os xenerais españois mercaron miles de fusís e puñais, canóns, avións, mísiles, para conquistaren unha cidade chea de hoteis.
11. Con tales leis non se protexen as peles dos animais salvaxes dalgúns países africanos.
12. Fixo unha análise para determinar a dose de antibiótico que debe tomar para vencer a súa amigdalite.
13. Desde o seu garaxe pódese empezar unha fermosa viaxe pola paisaxe costeira que se recolle nunha curtametraxe televisiva.
14. Dimitiu por darlle un couce a un deputado e berrarlle que tiña dous baúis azuis cheos de diñeiro negro procedente dos controis comunitarios.
15. Para evitar o cárcere por uns avais bancarios vendeu uns aneis e uns diademas  do dote da súa avoa.
16. Despois descubriuse que a ladroa era unha moza que fora campioa de atletismo da marxe esquerda da Ría de Vigo.
17. O labor de extraer sal mariño e subilo ao cume no que está a vila foi cousa de persoas xigantonas.
18. As cuestións eran fáciles e elas eran áxiles respondendo. A primeira era sobre símiles, a segunda sobre túneles de velocidade.
19. A nena chinesa colle unha soa cenoria crúa e cómea enteira.

Outros enlaces (Todos)





Ningún comentario: