INGLÉS:
Como falamos o último día na clase, en
canto esteamos de volta faremos todalas
partes do exame da unidade 4: listening, reading and writing. Así que repasade
ben para que poida poñer moitas “notazas”.
Lembrade que comezamos xa co pasado simple,
dos verbos regulares. Tedes un resumo da gramática no Pupils book na páxina 47.
Mirade ben eses verbos das fotocopias que vos din e se tedes algunha dúbida
apuntádea que á volta a resolvemos.
Neste documento aparécenvos dúas fichas sobre o pasado simple. Imprimídeas
ou facédeas copiadas na libreta.
Repasade os nomes contables e incontables.
Aparecen adxuntas fichas para practicar
Estudade as formas escritas do vocabulario
que traballamos este xoves con Matthew sobre embalaxe “packeging”. Aquí vos adxunto
un arquivo cos nomes que traballamos e algúns máis (para os/as curiosos/as)
Enlace:
Cando rematedes de miralas intentade facer
as fichas “packaging”
Xa sabedes que na páxina web “Agenda Web”
hai multitude de exercizos que podedes facer para repasar ( facédeos con sentidiño,
e despois dádelle ao “check” para que se
autocorrixan. Se dubidades nalgo: apuntade a frase e a dúbida que a resolvemos
á volta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario