luns, 16 de marzo de 2020

Tarefas para os vindeiros días.


ACTIVIDADES PARA SEXTO DE PRIMARIA

MATEMÁTICAS

Buscar en internnet a páxina: “El tanque matemático”(http://www.eltanquematematico.es/ ) Seguramente vaivos pedir activar un complemento (Adobe flash) e permitídelo.

Unha vez nel abrir o apartado: “Mate 5º y 6º”

Cando estemos dentro facer os seguintes apartados: 2, 3, 4, 5, 7, 9, 13, 23 (só raíces de 4 díxitos),

24, 30 e 72. Un diario

*O alumnado de Sexto B fará o exame do tema 5 á volta deste período.

CASTELÁN

Aceder á páxina Zona Clic-Jclic (https://clic.xtec.cat/es/jclic/ )

Unha vez dentro van a Actividades e logo a Buscar actividades. No cadro de búsqueda cubren os campos con: español, lenguas, primaria e fan as seguintes actividades:

Hermanos Grimm

Agudas, llanas y esdrújulas (Naiara, Alba e Bertín tamén)

Clases de sustantivos

Lengua española y literatura(Lengua 6º) Só o primeiro e segundo trimestre

Lengua para 3r ciclo de primaria Só os seis primeiros apartados

Gentilicios

*Cada día unha actividade, tres á semana.

Ademais deben ler habitualmente tanto en castelán como en galego. Cando non entendan algunha

palabra deben buscala no dicionario (Dixital ou non). Ao acabar un libro deben elaborar un

pequeno resumo do libro.

GALEGO

Lectura e repaso do xa dado. Que falen todos os días algo en galego coa familia.

En vindeiros días colgaranse actividades específicas.

*O alumnado de Sexto B fará o control do tema 4 á volta.

SOCIAIS

En xeral repaso dos temas estudiados facendo resumos ou esquemas dos contidos.

Os alumnos de Sexto A prepararán o Tema 2. Falta por traballar os apartados 6 e Zoom.. que deben

ler e apuntar as dúbidas. Que estuden o resto e fagan esquemas.



NATURAIS

Repaso dos temas dados facendo resumos e esquemas.

En Sexto A estudar o dado do tema 5 e facer esquemas e resumos. Ler ata o apartado da luz e

apuntar as dúbidas.


PLÁSTICA

Traballo de coloreado ou manualidades segundo as súas preferencias.



MÚSICA

Estudio para o exame do guión xa entregado pola profesora

O control será ao regreso.



Ningún comentario: