mércores, 25 de marzo de 2020
Unha proposta fotográfica.
Hoxe quero propoñervos unha actividade fotográfica: elabora un abecedario fotográfico. Consistiría en ir facendo unha foto dun obxecto que comece por cada unha das letras do abecedario, sen saír da casa. Algo similar á imaxe que tedes enriba. Logo, se tedes impresora, podedes imprimir esas fotos e montar o voso propio abecedario. Tamén poderiades facer unha presentación de imaxes (power point).
Deixade voar a vosa imaxinación. Podedes complicalo todo o que queirades, facéndoo en diferentes idiomas, ou buscando que sexa válido para varios (inglés e galego, por exemplo), podedes buscar que o que fotografiedes sexa sempre da mesma cor (abecedario monocromático), ou poñerlle unha temática (material escolar, froitas e verduras,xoguetes, ferramentas...). Deixade voar a imaxinación e a crear.
Neste enlace podedes ver o que creei eu, en galego.
https://anillampl.blogspot.com/2020/04/abecedario-fotografico.html
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario