venres, 24 de abril de 2020

Bergondo nun conto

Xa temos en marchar o concurso Bergondo nun conto, que como todos os anos convocan o Concello de Bergondo.


Nesta ocasión pídenvos que contedes, nun texto, nun conto, nunha poesía ou nun debuxo os voso sentimentos, como estades a vivir esta situación, en que vos está axudando todo isto, como falades coas vosas amizades e familiares, ou se convivides con alguén que recorde outros confinamentos. A idea é compartir e así construír entre todos e todas o Bergondo nun conto 2020.

Así que animádevos, facede o voso traballo. Unha vez feito escanéao ou saca unha foto e envíao por correo electrónico a: cultura.deportes@bergondo.gal ou a través dunha mensaxe na páxina de Facebook da Axencia de Lectura de Bergondo. Recorda que debes indicar o teu nome, apelidos e teléfono. Se tedes dificultades para mandalo podedes poñervos en contacto no 981 791 252, ext. 4, e desde o concello tentarán axudarvos. 

Cando volvamos a vernos, os/as participantes recibiredes un bono para comprar en tendas de Bergondo. 

De entre todos os traballos escollerán un para a foto de portada da páxina de Facebook da Axencia de Lectura de Bergondo. 




Ningún comentario: