mércores, 13 de maio de 2020

ESTALMAT Galicia

O Proxecto ESTALMAT-Galicia para Estímulo do Talento Matemático en estudantes da Comunidade Autónoma, anuncia a Convocatoria 2020 da proba de selección dirixida a estudantes nacidos nos anos 2007 ou 2008.

Inscrición:

1. Datas de inscrición: do 10 de maio ao 20 de xuño de 2020, ambos inclusive. Excepcionalmente poderán terse en conta solicitudes posteriores a esa data e mesmo poderá abrirse un período complementario nos días anteriores á celebración da proba.

2. Procedemento: É necesario por cuestións organizativas da proba cumprimentar o formulario adxunto de inscrición dispoñible na páxina web do proxecto (http://www.estalmatgalicia.com). No lugar correspondente do formulario, pode incluírse o nome dun profesor ou profesora que avale o interese e aptitude do estudante polas matemáticas. Esta posibilidade é opcional e non afecta nin condiciona a avaliación.

No seguinte documento tedes máis información

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2020/05/08/6ef9ca2757b2bb5fc68beccd966d8698.pdf

Ningún comentario: