xoves, 4 de xuño de 2020

Proxectos inacabados

Con isto do confinamento quedaron proxectos e traballos sen rematar. 

Un deses proxectos foi Digicraft no teu cole.

Xa que nestes momentos comenzades a estar algo cansos, podedes usar as ferramentas para poder crear (dentro das posibilidades de cada quen e do material co que conten) pequenas historias, facer algunhas actividades e traballar algo de programación. No enlace tedes toda a información.


Á esquerda hai un menú para ver as diferentes opcións según intereses.
Nese espazo tamén tedes o correo de José Fariña, por se tedes algunha dúbida. 

Tamén quedou pendente a lectura de Centauros do Norte. Se tedes o libro na casa, recordade que tamén o debedes devolver, xunto con outros que teñades da biblioteca.

E outro que quedou parado foi o reto semanal. No último que puxemos foi no que máis participastes e tamén cun 100% de acertos.  Na imaxes tedes como quedou a clasificación. Está por orde de lista, así que aínda que quitei o nomes podedes saber como quedou a cousa. Os tres con máis puntuación recibirán un diploma no correo electrónico. 


Ningún comentario: