Hoxe adicamos parte da mañá a escribir unhas historias colaborativas, entre todos os da clase.
Nos vindeiros días iremos publicando algunhas delas, pero hoxe é o día desta en especial adicada a Zaira, a profe en prácticas que tivemos este trimestre e que imos botar en falta todos (eles e eu).
Aproveito para mostrarvos o noso tarxetón, que non gañou, pero ten unha bonita mensaxe. Felices festas!
Despedida triste
O Nadal en 6º é bastante axetreado. Pere este Nadal vaise Zaira, unha mestra en prácticas. Non é unha mestra normal. Dános Ciencias da Natureza e ás veces prepáranos xogos sobre a materia. Os seus esquemas son moi longos, pero é moi boa mestra. Este é o seu último ano de carreira, espero que volva. Hoxe estamos moi tristes porque Zaira se vai. Entón preparámoslle regalos colectivos e individuais. Espero que volva outros días e poida vela, e que a carreira lle vaia ben. Esperemos ao último día a ver que ocorre. No último día Zaira dixo que se quedaba estabamos moi contentos. Pero ela tiña que marchar para terminar a súa carreira para ser unha boa profesora nun futuro.
Cando Zaira termine a carreira, volverá ao cole, pero cando esteamos na ESO, pero será a nosa profesora de calquera cousa.
Para despedirnos fixémoslle moitos regalos individuais e un conxunto. O conxunto asinámolo todos. Botarémola moito de menos aínda que só estivo un trimestre connosco. Aínda que dá pena que se vaia sempre nos recordará (son a túa pelota favorita ;) ) porque seremos os seus alumnos favoritos. Pode que cando se vaia haxa moitas lágrimas pero iso demostra que a queremos. É moi boa profesora e seguro que nos vén visitar.
Antes de que se fora démoslle os regalos; había moitos, moitos regalos. Daniela fíxolle un regalo moi emotivo, eu diría que vai para escritora seguramente. É moi divertido ter unha profesora da túa xeración, ou dunha moi próxima. Porque ela ten Tik Tok, enténdete..., xa sabe do que fan os nenos de hoxe en día. Eu regaleille galletas e un "popit" de Mickey Mouse. Sara, a miña mellor amiga, unha taza e algunhas pulseiras. Mariña un paraugas, César, un esquema, Dani un debuxo e Menchi é secreto.
Estamos moi emocionados para as notas e á vez, nerviosos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario