xoves, 23 de decembro de 2021

O can dos 40 mundos.

 Érase unha vez unha persoa que estaba na súa casa aburrida; entón decidiu ir ao parque e encontrou un can. O can era ben estraño: tiña os ollos azuis, cada ollo con dúas pupilas, a pelaxe era branca, con manchas grises. O que ninguén sabía era que o can era o gardián dos 40 mundos. Sisisisi, como escoitades, os 40 mundos. O caso é que cando encontras a ese can, tes que ir con el ata unha aventura. Pero a cousa que non contan os contos, é que a aventura non é normal.

O can acercouse a un neno chamado José que tiña 16 anos. O neno asustouse e empezou a correr, porque sabía que se ía meter nunha lea. El era medorento. Entón o can mirouno cunha cara como se José estivera facendo o ridículo. Ao ver a súa cara José retrocedeu, Tiña medo e non sabían que facer.

Catro meses despois creoulle un trauma moi grande e non podían ver a ningún can. Cando ía pola rúa se vía un can saía correndo para a súa casa. Botaba alí dúas semanas e despois volvía a suceder. José non paraba de dicir:

 - Nunca máis, nunca máis, nunca máis...

A nai, chamada Lía, non paraba de dicirlle que non pasaba nda, os cans non son malos.

Pero ese can, si que o era. Era malísimo.

Ese can chamábase Rocky.

Cando o can volveu acercarse a el, mordeulle a man.

Foron correndo ao hospital e o neno dixo:

- Que non era malo, non?

Quedou durmido coa anestesia que lle puxeron para coser a man.

Cando espertou os seus pais dixéronlle:

- Si fillo, vas morrer, ha ha ha ha, por feo.

O neno chorou e chorou e como ao final non morreu pola trabada do can, matouno o pai a golpes co machado e comérono. Non sabía ben, déronllo de comer ao can.

O can feliz de por fin comer carne humana, comeu o neno feliz como se nada. Os pais convertéranse en canibais!

Pero agora que si espertou, viu como os seus pais estaban alí ao ser carón, moi preocupados e sorrindo, todo fora un pesadelo. E o can feliz foi ao monte. No monte continuou a súa aventura el so. Non tiña recursos.

Outra persoa foi co can dos 40 mundos, e fixeron unha aventura que foi divertida.

Ningún comentario: