luns, 20 de xuño de 2022

Creamos historias.

 Durante este trimestre o alumnado traballou na creación dunha historia coa aplicación TOONTASTIC, dentro do proxecto de Digicraft. 

As condicións que se lles puxo é que a historia tiña que estar relacionado co coidado do medio ambiente, debían participar Said e Sheila, que eran os protagonistas do libro que lemos este curso, Perigo Vexertal de Ramón Caride.

A historia tiña que ter un mínimo de tres partes, pero podían engadir máis se así o desexaban.

Unha vez aprobado o guión, pasaban usar a aplicación para levar a cabo o proxecto.

Estes que tedes aquí son os resultados.

Un motivo de salvación, por Mariña, Lucía e César.


Perigo Vexetal 2, por Hugo, Alba e Gabriel.


O misterio do SC-1, por Carlos e Sara.


Non á contaminación, por Daniela, Santiago e Samuel.

As mentiras de Josh, por Alma, Mencía e Andrea.


Fáltanos un vídeo, pero estamos tendo problemas técnicos para descargalo. En canto o consigamos, xa volo mostramos. Esperamos que vos gustaran.


Ningún comentario: