Amosando publicacións coa etiqueta digicraft. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta digicraft. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de xuño de 2022

Creamos historias.

 Durante este trimestre o alumnado traballou na creación dunha historia coa aplicación TOONTASTIC, dentro do proxecto de Digicraft. 

As condicións que se lles puxo é que a historia tiña que estar relacionado co coidado do medio ambiente, debían participar Said e Sheila, que eran os protagonistas do libro que lemos este curso, Perigo Vexertal de Ramón Caride.

A historia tiña que ter un mínimo de tres partes, pero podían engadir máis se así o desexaban.

Unha vez aprobado o guión, pasaban usar a aplicación para levar a cabo o proxecto.

Estes que tedes aquí son os resultados.

Un motivo de salvación, por Mariña, Lucía e César.


Perigo Vexetal 2, por Hugo, Alba e Gabriel.


O misterio do SC-1, por Carlos e Sara.


Non á contaminación, por Daniela, Santiago e Samuel.

As mentiras de Josh, por Alma, Mencía e Andrea.


Fáltanos un vídeo, pero estamos tendo problemas técnicos para descargalo. En canto o consigamos, xa volo mostramos. Esperamos que vos gustaran.


xoves, 24 de xuño de 2021

2x1 cerezas

Este é o último traballo, o de Santiago e Hugo. A historia vai da que se lía nun super cunha oferta 2x1 en cereixas. Quedou sen audio por diversas circunstancias.

O papel de ouro

O traballo de Marta, Alba e Alma pode resultar un pouco desagradable. Pedimos desculpas se así sucede, pero ten a súa graza...

Haykiu

 

Este é o traballo de César, Gabriel e Samuel coa técnica de Stop Motion. Un partido de tenis cun final un tanto sorprendente. Emoción ata o final.

luns, 14 de xuño de 2021

Gatos vs cans

Este é o traballo de Mariña, Daniela e Mencía, no que un can e unha gata fan unha pelexa, cun resultado sorprendente. De seguro que vos gusta.

 

domingo, 13 de xuño de 2021

O mellor ballet do mundo.

Nesta pequena historia feita por Lucía, Alicia e Sara, un pequeno bailarín demostra que con traballo e esforzo se poden superar as dificultades.

sábado, 12 de xuño de 2021

A desaparición de Aia

Este é o traballo que fixeron Mateo, Carlos e David coa técnica de Stop Motion. Os personaxes de Aia e Nena están sacados do libro Nena e o mar de  Érica Esmorís, que limos este curso. Aínda que a historia non ten nada que ver co libro e aparecen un ladrón e un mago facendo das súas. Esperamos que vos guste.

mércores, 15 de abril de 2020

Digicraft no teu cole

Draw your game... recordádelo?
Foi algo que nos quedou pendente. Si vos animades a crear novos xogos, ou queredes presentar o voso traballo adiante. Enviádeme un correo electrónico e irei publicando as vosas creación.
A páxina web por si non o recordades é https://www.draw-your-game.com

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/aulavirtual2/mod/book/view.php?id=7164&chapterid=105