Amosando publicacións coa etiqueta VSC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta VSC. Amosar todas as publicacións

venres, 15 de maio de 2020

O valor do esforzo

Para reflexionar sobre o valor do esforzo.

 

Xa o tiñamos visto na clase, pero nestas circunstancias, nas que é moi doado deixarnos levar pola pereza, pode axudarnos para afrontar con máis ganas o que nos queda de curso.
Moito ánimo para todos e todas.

xoves, 20 de xuño de 2019

Día de Europa

O pasado día 9 de maio celebrouse o día de Europa. Con tal motivo o alumnado de Valores Sociais de 5 realizou varias actividades, entre as que destaca este mural que expuxemos no corredor das aulas onde aparece cada un países que a día de hoxe integran a Comunidade Europea.
Aínda hai algún e algunha rezagada que non entregou o seu traballo, pero o curso remata e o resultado está case completo.

 


xoves, 2 de maio de 2019

Día Mundial da Saúde

     O pasado día 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde, co que a OMS quere recordarnos a importancia de coidarnos para desfrutar dunha boa vida.
     O alumnado de Valores Sociais de 5º elaborou uns carteis para recordarnos algúns dos aspectos que non debemos esquecer para desfrutar dunha boa saúde.


martes, 20 de novembro de 2018

Dia dos dereitos da Infancia

Hoxe, día 20 de novembro é o día internacional da infancia, para conmemorar a declaración dos dereitos dos nenos e nenas. O alumnado de Valores Sociais e Cívicos de 5º de Ed. Primaria estivo traballando o tema e preparamos este mural para recordarlle a todo o mundo os seus dereitos.

venres, 5 de outubro de 2018

Son un crac...

Ter unha boa autoestima é importante para afrontar os novos retos. 
Aquí está unha pequena mostra das cousas nas que eles cren que o fan moi ben.


venres, 14 de setembro de 2018

Empezamos...

Hoxe co alumnado de Valores estivemos falando sobre os desexos.


Cada unha destas pedriñas representa un soño dun rapaz ou rapaza. Pero para que os soños se fagan realidade hai cousas que non podemos controlar, pero hai outras que si.


Así que poñendo un pouco de esforzo de cada un, imos a por un novo curso. 
Feliz andadura.



luns, 21 de setembro de 2015

Descubre como es.

Imos comezar o curso na área de Valores Sociais e Cívicos partindo dunha actividade para coñecernos un pouco mellor e aprender a respectar a diversidade que nos rodea.

Pica no enlace para empezar.

martes, 26 de novembro de 2013

25 de novembro

Onte, 25 de novembro, foi o Día Internacional contra a violencia de xénero. Para traballar un pouquiño sobre este tema aquí temos un enlace a unhas actividades sobre igualdade de valores. Picade sobre a imaxe para acceder a elas.

venres, 23 de novembro de 2012

25 de novembro

O día 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e con tal motivo onte estivemos a falar sobre este grave problema e para rematar preparamos o cartel que vedes, que está na entrada do noso edificio.