Como
é o meu entomodelfo.
O que come: come
froitas, verduras... come de todo menos carne e cousas doces.
Os seus coidados:
cada dúas horas hai que darlle de comer alternando unha vez
repolo e outra cebola, hai que sacala a pasear unha vez ao día,
hai que acariciala unha hora ao día e hai que durmir con el.
Que aspecto ten: ten
un peteiro de ave, ten a forma da cara de flamengo, o pescozo de
xirafa, dúas xibas de camelos, patas, cola de puma e ten
tatuaxes e é maiormente lila.
Cales son os seus
costumes: na época de apareamento os machos fan un baile, cada
137 anos os machos emigran a París a competir nun concurso de
beleza e os bebés entomodelfo en canto nacen vanse para sempre
e non volven.
Onde nacen e onde
morren: nacen en Galicia e morren e emigran (en París).
Canto viven: viven
1379 anos, e once días e 33 segundos.
Como obter un: podes
compralo (en primavera) ou deixar que veñan (en inverno).
Carmen Mosquera Varela
O meu entomodelfo é pequeno coma
un gato, ten unhas ás de bolboreta de cores, os pezuños
de ouro e a súa cola é moi longa e ten unha trenza de
cor violeta. As súas manchas son con formas moi estrañas
e cando dorme ponse de cores; ten un raio na cabeza, é a súa
marca de nacemento.
Ten unhas flores de cor rosa no pescozo
que son máxicas, porque cando come unha faise máis
grande. Os seus cornos cambian de cor segundo o ánimo que
teña; cando está alegre están de cor laranxa e
cando esta triste están de cor azul.
O meu entomodelfo é carnívoro,
pero só come un tipo de animal, o castor. Ten que emigrar unha
semana para coller algún e traelo.
Normalmente dorme en calquera planta de
cores rechamantes. O meu entomodelfo enfádase moito por unha
cousa: por exemplo cando levamos roupas de cores negras ou grises.
Porque ela é moi alegre e non
lle gustan esas cores tristes.
Sandra Blanco Ascariz
Ningún comentario:
Publicar un comentario