O meu entomodelfo é
un mamífero marrón, con dúas cabezas. Unha
cabeza ten o pelo en lapas (este cuspe lume e come guindillas) e a
outra ten un dorsal na cabeza (cuspe un chorro de auga, come
pescado). Cada unha destas cabezas está nun lado do corpo. Ten
catro pernas e seméllase a un cabalo.
Úsase como:
cazador, garda, mascota... A única cousa que me queda por
dicir é que se non ten os zapatos postos pode morrer de
frío.
Joseph S. Barr
O
MEU ENTOMODELFO
O meu
entomodelfo é moi divertido, tamén é moi
tranquilo, o máis gracioso del é o seu corpo que é:
corpo de porco, pescozo de xirafa, cabeza de paxaro, rabo de gato e
catro patas de paxaro. Compreino hai dous anos e custoume sobre uns
200,00€, que pensándoo ben é pouco diñeiro
para un entomodelfo.
Contáronme
que ó nacer mide 2 m de altura e 5 m de ancho, tamén me
contaron que era moi afable de pequeno.
Na
adolescencia emparéllanse e fecundan, despois dun ano poñen
de 1-10 ovos, despois emigra e morre sobre os 50 anos.
Ah!,
esquecérame, tamén ten ás.
Ricardo Carro Armada
Eu chámome Pablo, e
teño un entomodelfo, que se chama Donal.
Este é Donal:
Donal, é un
entomodelfo macho, tamén é moi veloz, é
carnívoro e como vedes ten un ollo máis grande e
redondo ca outro. As pernas son diferentes unha da outra.
E ten un rabo moi grande e
peludo pero non é estraño porque el tamén é
grande e peludo e ten so unha orella moi grande que parece unha
cresta.
Cando durme ronca e fai
estrondo todo.
O que máis lle
gusta son as ovellas, as vacas, os porcos...
Donal é dunha
cor verdosa pasando a gris e a orella é amarela, ten unha
nariz e unha boca pequenos e uns dentes de vampiro e os pezuños
tenos moi sucios, de barro e de todo.
Pablo Fernández Paradela
O meu entomodelfo ten corpo de galiña,
patas de elefante , cabeza de pato e pescozo de xirafa, segundo as
miñas observacións O meu entomodelfo é de varias
cores, amarelo, vermello, azul e verde e ten uns ollos de peixe de
cor lila. Eu vou a pasear con el e sempre cando pasamos ó lado
da praia mira as boas vistas da posta de sol porque imos o atardecer.
Cando chegamos á casa ten moita fame e eu doulle a súa
comida favorita: pomelos con amorodos; aínda que tamén
come leituga, remolacha, porco asado e xeado de pistacho con
tropezóns de amorodo.
Ah, si!Case se me esquezo de que o meu
entomodelfo chámase Tato. A el encontreino cando ía o
meu traballo e dábame moita pena deixalo alí e collino
e leveino á miña casa e así o coñecín,
e sempre me tratou como se fóra o seu pai verdadeiro.
Dende ese día estiven buscando
en todas as enciclopedias de que especie de ser vivo trataba Tato e
conseguino, este ser vivo nace no polo norte e como vai moito frío
a nai e o fillo son forzados a emigrar. Tamén descubrín
que nacen dun ovo, (que é ovíparo) tamén é
semiacuático.
Entón estou tratando este
animaliño coma se fose a miña vida, porque están
en perigo de extinción, e no meu barrio so hai dous
entomodelfos un meu e outro dun veciño co que Tato xoga todos
os mércores polas tardes despois de almorzar. Ben, adeus, que
teño que darlle de comer a Tato.
Héctor Gómez Lema
O meu Tractodelfo encontreino nunha
gabia nunha caixiña de zapatos. Abrina, encontreino
intentando romper a caixa coas súas rodas e eu quedeime
mirando por que iso era moi raro. Entón leveino para a miña
casa pero eu non sabía o que comía. E entón un
día veu comer chatarra que a metía nunha especie de
caixón e despois triturábaa; e creceu moito e el non
era moi agarimoso coas persoas de fóra pero comigo si. El ten
rodas e unha crista grandísima e uns cornos grandísimos,
parécese a un tractor e púxenlle tractodelfo, e foi
moi feliz comigo, mide de altura 3 m e de ancho 4m.
Manuel González Souto
O entomodelfo e un ovíparo,
mamífero.
Ten cabeza de pelicano, o pescozo de
xirafa, a barriga de avestruz, cola de rato e patas de coello.
Vive en Galicia pero vai poñer o
seu ovo na Antártida e volve a Galicia para coller castañas.
Voa a 310 km/h, pode vivir en casas
cerca de castaños e tamén ás veces come
tortilla, pero é un
animal que pode xogar ó fútbol
pero non aguanta máis de 5 horas sen saír fóra a
facer as súas necesidades.
Ten uns dentes moi velenosos e só
lle fai caso ó seu dono. Cando alguén lle pega vai
perseguilo e cravarlle os seus dentes.
Tamén pode actuar coma
espertador.
Ningún comentario:
Publicar un comentario