Había unha vez un
gato que fixo unha bomba atómica para destruír a outros cans que lle roubaban a
comida e así poder comer tranquilo sen que lle molestasen. Tardou uns días,
mellor dito, meses, non, mellor dito anos.
- Ha ha ha ha –
dixo o gato con voz sinistra.
- Por fin poderei
comer a miña comida sen que me molesten.
Os cans buscaron
e buscaron solucións para roubarlle a comida ao gato. Nada máis velo,
pegáronlle un disparo. O gato morreu, pero antes de morrer explotou a Terra.
Pero como os humanos xa o sabían, foron á Lúa.
Pero o gato sabía
manexar metralletas, dinamita, tanques e coches.
Os humanos ao
chegar á Lúa colleron moitos traxes de astronautas, colocaron un dispositivo
para que houbera atmosfera, plantas e o planeta máis grande. Grazas a todos
eses dispositivos, a Lúa, pouco a pouco foi converténdose nun planeta novo; o
máis grande. Facíase chamar Luterra. Alí a contaminación era escasa xa que
levaban pouco tempo.
A Lúa agora era
un gran refuxio. O caso é que como a Lúa era máis pequena ca Terra, empezoulles
a quedar pequena.
Un día prohibiron
ter máis nenos. Esta lei foi un fracaso, as persoas intentaron ir a outro
planeta pero non podían, despois de moitos anos non tiñan poboación e a xente
enfadouse. Un home que quería ter un neno co que xogar ao fútbol, vingouse,
destruíndo a Luterra. Terminou en anacos e con moitas mortes. Entón o home
mudouse a outro planeta, chamado Saturno. Alí puido ter un fillo, só que había
un problema, era unha nena.
Mentres estaban
en Saturno o gato reviviu. Sofía, que era o seu nome, cambiouno por Guerroz.
Guerroz ía a
polos cans, pero non podía porque estaban en Saturno. Encontrou outro gato e
falaron sobre os cans e a comida. Guerroz preguntou ao gato:
- Como te chamas?
- Chámome...
Ningún comentario:
Publicar un comentario