Había unha vez un heroe chamado Tim que se enfrontaba a un monstro. Un día decidiuse a enfrontarse contra o monstro máis poderoso chamado Pepeluis. Decidiu enfrontarse a el. Pepeluis tivo axuda de Papeluis e Pepalucía. Papeluis e Pepalucía eran os irmáns maiores de Pepeluis. Chámanse así porque a súa nai chámase Pepa e o seu pai chámase Luis.
Pero volvendo á historia, os tres irmáns tiñan moito en común, porque a súa nai, antes de ser malvada era unha moi boa monstra. Tiña unha asociación para pobres chamada "Papayuda". Todo ía ben ata un día, en que chega un mago ao seu edificio. O mago conxelou o corazón de Pepa e para agora salvar ao mundo ten que desconxelalo Tim.
Tim foi a desconxelar o corazón de Pepa; tivo que ir a Animalalla, en barca, e tivo que ir a covas ata chegar ao monstro. O monstro cando o viu ruxiulle moi forte e el asustouse, pero nada lle ía impedir qe fixera a misión. Seguiu andando por diante del. O monstro non entendía porque non tiña medo del. Ata que o monstro ruxiu moi forte e Pepeluis saiu e escondeuse detras dunha rocha. O monstro saiu da cova e el seguiuno.
Despois duns mintos Pepeluis atacou ao monstro e acabou con el.
Dun momento para outro empezou a chegar unhaa recompensa polo monstro e co diñeiro comprou un teléfono móbil.
O teléfono era moi caro pero igualmente comprouno. Despois foi de festa a celebrar que tiña un novo teléfono. Estaba borracho pero deu no Bicho e celebrouno. A nai chamouno e el contestou como se nada. Entón Tim activou un poder dos deuses e destruiu o seu planeta. Desde entón vai por planetas buscando rivais para derrotar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario