Amosando publicacións coa etiqueta LG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LG. Amosar todas as publicacións

xoves, 13 de xaneiro de 2022

O unicornio Guantanamera

 Érase unha vez un unicornio con nariz vermello. Todos os seus compañeiros de clase ríanse del porque o seu nariz era de cor.

Un día chegou á clase e el era totalmente guapo e os seus compañeiros quedaron asombrados. O unicornio ríase deles porque era moito máis guapo que eles. Ata que eles decidiron vingarse e rompéronlle o corno. El morreu. Desde entón el é unha fantasma que pola noite rompe os cornos dos seus amigos. Un día, un quedou esperto para quer quen era o que rompía os cornos dos demais. Era el, o unicornio sen cornos.

A fantasma do unicornio perseguiu ao outro para poder romper o seu corno, pero as fantasmas non corren moi rápido; por iso, a través dos séculos, adoptaron a capacidade de atravesar as paredes. Grazas a ese superpoder, a fantasma logrou romper o pescozo. Si, o pescozo. A fantasma non rompera o corno, rompera o pescozo. Foi moi desagradable de principio, pero despois decatouse de que ía a romper todos os pescozos e, así, acabar co mundo. Tras un ano sendo esta temida fantasma, só lle quedaba un pescozo por romper. Cando a fantasma chegou ao último pescozo o unicornio convenceuno para que parase. Quedou moi enfadado porque non obtivera o seu obxectivo; aínda que o convenceran, quería vingarse. Aínda que tiña moito noso, aguantouse; iso de ter un amigo gustáballe. O unicornio, por certo, chamada Lilia non paraba de arrincar pescozos. Lilia dixo:

- Encántame arrincar pescozos!

Non paraba, e seguía, e seguía, ata que un día parou e dixo:

 Xa é moi aburrido.

E foi a súa casa, comeu e foi durmir.

Ao día seguinte volveu a facer o mesmo.

Todo era un soño de Leo, un neno doutro conto do mundo.

mércores, 12 de xaneiro de 2022

CPI Cruz do Sar

 

Érase unha vez no colexio CPI Cruz do Sar, na nosa clase que estabamos facendo unha historia entre toda a clase. Estamos todos sentados, calados e escribindo. Ata que lle tocou a Daniel; el fíxoo fatal. Pero non importou porque empezou un apocalipse  zombi. Nun ano os zombis aprenderon a manexar armas, coches e avións e todo se foi á caca. Todos empezaron a correr e un zombi foi a por moita xente pero todos escaparon grazas a un avión. O piloto era un militar das forzas de EE.UU. Chamábase Sabob. Sabob era un home maior que leva toda a súa vida pilotando avións e preparándose para este momento.

De súpeto cae unha bomba. Un gran estrondo interrompe o exame de Sociais da outra clase. Claro, Sabob ao ver que os nenos remataron o exame, enfadouse. Había unha bomba e ningún se enfadou. O seu plan fracasara!

Os nenos empezaron a correr. Aparece un malvado neno chamado Ian; era moi malo e pechou a saída para que ninguén fuxira. Mentres a profe corrixiu os exames e todos suspenderon, pero un neno chamado Alex sacou ao neno malo da porta cunha patada inferior. As nenas máis listas sacaron 9. Alex falou con Ian. Pero Ian non lle facía caso. Nese momento Alex dixo:

- Se non é polas boas, será polas malas.

Colleu a regra de metal. Nada, Ian non falaba. Alex cando colleu a regra pegoulle na man superforte pero Ian seguía sen facerlle caso. Pero díxolle:

- Faime caso.

E fíxolle caso.

Todo era un soño.

martes, 11 de xaneiro de 2022

O gatiño feliz.

 


Era un gato abandonado morto de frío. Unha nena encontrouno e quedou con el. Ao dia seguinte xa estaba na casa quentiño. O gato chamouse Filia. Filia tiña 4 meses, e non paraba de durmir. Un día foi ao veterinario pero el non quería, así que sacou as uñas. O veterinario deulle un tranquilizante e tranquilizou un pouco. Deixaron que o revisaran e tiña unhas feridas como se o houberan atropelado, e díxolle ao médio:

- Dáme a túa cousiña, dáme a túa cousiña.

Entón  conxurou un feitizo e curouse. Logo dixo:

- Bebesita brrrrrrr Anuel.

Era Anuel dobre. A que foi a consolar o gato atropelado. Anuel díxolle:

- Brrrrrrr.

E o gato alegrouse. Pero o que non sabían e que o gato tiña o espírito de Naty Peluso e había que facerlle un exorcismo. O gato púxose a bailar e cantar en medio do veterinario e saíu á estrada e volveron a atropelalo.

Ao gato tivéronlle que dar outro tranquilizante para que se tranquilizara. O gato non se tranquilizou e non sabían que facer con el. Probou a darlle substancias radioactivas pero converteuse nun monstro con saliva de ácido sulfúrico e uñas de ferro. Intentei paralo, pero cortoume en dous. A dor que sentía era enorme e quería matar a todo o mundo.

Saíu do veterinario correndo, perseguindo á xente. Ninguén morreu porque chegou un cazador cun veleno para que o gato se convertera nun gato normal como antes e conseguiuno. Pero dous meses despois, ao gato comezáronlle a saír unhas ronchas nos ollos, no nariz e nas orellas. As ronchas eran dun verde neon e cada día inchábanse un pouquiño máis. Ata que un día converteuse en Raw Alejandro. Tiñan que facer outro exorcismo! O gatiño esta vez estaba quieto. So dicía:

- Raw, Raww Alejandro.

Esta vez o exorcismo saíu moi ben. O gatiño xa era normal. Celebraron unha festa.

Ao final encontrei unha cura e volveuse normal. Xa estaba ben e creceu na miña casa.

 

 

luns, 10 de xaneiro de 2022

O meu aniversario.

 


O meu avó ten unha casa moi pequena cun salón grande. O patio ten moitas flores. Un día fun a súa casa a celebrar o meu aniversario. Regaloume un patinete superbonito. Ese día veu a miña bisavoa a celebralo tamén, viñeron os meus pais e comemos a torta. E ao cinco minutos vomitamos todos, pero non un vómito normal, se non que era marrón e ao final descubriron que era caldo con vinagre. Era noxento!

Ao día seguinte déronlle ganas de vomitar outra vez, pero cos nervios do que pasara o da outra vez contívose e foise co seu gato Misifú. Era tan noxento que non sabía ser era un soño, e si o era.

- Menos mal!

- Que noxo!

- Por Deus!

- Ahhhhhhhh!

Entón mateinos, nun puiden aguantar. Entón triste, mateime pero reencarneime nun vampiro e decidín matar a todos. Pero alguén ou algo me deu epilepsia e desmaieime.

A tarde seguinte estaba no hospital, toda a miña familia. A min pareceume unha tarde, pero foron 20 anos.

Logo polas mans saían xoguetes para bebés, moi aburridos. Era unha cousa estrañísima e incómoda. Dá igual por onde o mires, era noxento. Un día decidín visitar ao médico para arranxar isto. O médico díxome que tiña que ir ao lago gatuno e beber a súa apócema segreda. O caso, collín un autobús e dirixinme ata alí. Cando cheguei non estaba nada ben. Tiña mareos ata que vomitei outra vez. Non era un vómito normal, era outra vez noxento, esta vez máis do normal.

domingo, 9 de xaneiro de 2022

O trasno

 

Era un día frío e húmido. As follas de todas as árbores caducas estaban no chan; xa comezara o inverno. Nunha pequena casiña de madeira internada na espesura do bosque as luces de festa nunca cesan. Dentro aloxábase un pequeno trasno, cun poder espectacular. Coa cheminea que había dentro da casiña podía teletransportarse a onde el quixera.

Nese momento chegou á casa dun neno chamado Pablo. Cando o trasno foi á casa o neno viuno e desmaiouse. Non era porque vira alí un trasno, se non porque lle tiña moito medo aos trasnos porque unha vez de pequeno, nunha festa de aniversario había un trasno chamado Steven. Iso non é todo, Steven decidiu ir no aniversario disfrazado de “A monxa”. Pablo preguntou:

- Como chegaches ata aquí?

Un neno chamado Leo dixo:

- Teño un poder, o teletransporte.

Pablo sorprendeuse.  Leo foise a súa casiña.

Pablo preguntou quen era en realidade.

El dixo:

- Son un neno coma ti, pero teño un poder de teletransporte.

E Pablo dixo:

- Que guai, como mola.

O outro neno dixo:

- Non sei que significa iso.

E díxolle:

- Poisssss como que non?

O neno dixo:

- Non sei o que é iso, que queres faga.

O neno pensativo estivo pensando todo o día que significaba iso. Pola noite, eran as 3:00 a.m. e dixo:

 - Ben, vou durmir.

Pero tiña pesadelos por culpa do trasno. Soñaba que unha torta xigante o perseguía. A torta tiña boa pinta, era grande e tiña pés. De súpeto, da torta saíu o trasno e cando o trasno ía avalanzarse sobre el, espertou.

sábado, 8 de xaneiro de 2022

O soño Nevado

 


En Sada, hai moitos anos caeu unha nevada e a unha persoa caeulle neve na casa e tivo que ir á súa casa porque tiña frío. Quitou a neve da súa cara, pero do frío, tiña toda a cara irritada e con ampolas. Decidiu ir a emerxencias xa que se encontraba fatal e non sentía o nariz. Cando ía ver ao médico descubriu que non podía entrar. De súpeto unha voz dunha megafonía de correo próxima soa:

- A cidade estará nevada ata que rematen as eleccións.

O caso é que non podían ter que ver as eleccións cunha nevada, ou polo menos, iso cría eu.

As eleccións estaban nunha televisión do parque. A persoa á que lle caeu neve na cara descubriu que o da neve non fora un  desastre natural, se non que era unha seita que estaba contra el. Esa seita seguiu intentando amargarlle a vida. Todo funcionaba e todas as trampas as collía el.

Un día fartouse e decidiu ir contra esa seita para acaba coa súa dor. Ao final o médico díxolle que quedara en casa, e el quedou. Esa persoa chámase Lucas. Mentres vía a tele comía patacas, pizza, hamburguesa, para relaxarse.

Entón cansado de esperar saíu da súa casa. E encontrouse coa seita e raptárono. Fixéronlle un montón de preguntas. Se non contestaba tirábanlle un cubo de 5 litros á cara, pero como tiña frío decidiu responder a absolutamente todo. E apareceu Mr. Santiago que estaba nun botellón. O botellón era moi divertido, estaba todo o mundo aí. Había tanto alcohol que non podían estar máis borrachos. Todos gritaban:

- GRACIAS AMBICIÓN, ISTO É PARA VÓS, SIIIIII

Pola mañá tiña unha resaca que alucinas. Entón volveu a durmir. Pero ao final todo era un soño.

venres, 7 de xaneiro de 2022

O banqueiro Paxareiro

 


- Ola, benvido ao banco. Quería un préstamo. Si.... Seguinte!

- Ola, encantado. Que non lle chegou o recibo. Pase por aí. Seguinte!

Como vedes son un banqueiro de Vila Glorida, e..., a miña vida é moi rutineira e normal, estrésanme os cambios.

Un día tiven que mudar de casa, empecei a estresarme. Tiña que mudarme lonxe por un familiar. A min gustábame o meu traballo. Entón estreseime moito, tanto que me desmaiei. Por sorte alguén me viu e chamou a unha ambulancia. Cando espertei había alguén máis na habitación. Era o meu familiar. Díxenlle:

- A ti coñézote. Es Toño, o tío do meu pai!

O home preguntou:

- Cantos anos tes?

Toño respondeu:

- Teño 51 anos.

- Que maior es.

- Si, un  pouco, pero consérvome ben.

Ao cabo duns minutos veu a enfermeira para darme a alta. Cando nos fomos do hospital, fómonos á nosa cada, preparamos o xantar e comemos.

E despois atopamos un can diante da porta.

Mentres o can ladraba estaba escoitando a canción de Mr. Trance. Un paxaro preguntoulle:

- Como che pode gustar esa canción?

O can contestou:

- La vida se te vuelve...

O paxaro dixo:

- Que que que?

O can dixo:

- La masa es tan cruel...

O paxaro escapou porque non entendía nada e foi a Andalucía a ver aos sevillanos.

- O can non é feo, dixemos.

Ao can gustoulle moi Andalucía. Entón quedaron con el pero o paxaro tiña moita fame. Tanta que case come a súa á. Entón unha nena deulle a súa merenda.

O que ninguén sabía era que o banqueiro era o paxaro.

(Música de tensión).

 

E por se non a coñecedes, esta é a canción de Mr. Trance.

xoves, 6 de xaneiro de 2022

A guerra do kebab.


Había unha vez unha nena que vivía nunha gran mansión co seu pai; eran multimillonarios e a nena tiña todo o que quería. Pero un día roubáronlles a súa fortuna. Ese mesmo día a nena viviu a súa vida normal, ou intentouno. Ela pediu: roupa, comida, xoguetes... Non puido comprar nada diso o seu pai. Ela estaba triste e non sabía como recuperar o seu diñeiro.

Ao día seguinte formou un equipo de investigadores. Formouno o seu pai. Non paraban de investigar ata que un día encontraron unha pista. Poñía: “Rúa 12, en Villa Rúa”. A nena foi ata alí en bicicleta. Encontrou un cofre onde había unha pista. Poñía: “Busca na praia”. Foi á praia e encontrou unha corda e tirou dela e encontrou unha pista que poñía: “Se queres unha pista chama a Benito o presidente do mundo.

Non me interesou a pista e marchei de alí para ir comer un kebab. Que rico estaba!

Gustoulle moito o kebab e quería volver cear no kebab. Pero ao día seguinte meus pais queimárono, eles seguían sendo ricos, so que non me querían comprar nada. Entón collín un mono cóctel, encerreinos en lume e activei o “Sharingan” para poder apagar o lume do local e ...

- Boom! Bomba en casa! –dixo un árabe con dinamita.

Tamén tiña escopeta e metralletas. Matou a todos e empezaron a combater.

A nena comprou un exército de marines e militares de Rusia, Alemaña e Xapón. E morreron todos

mércores, 5 de xaneiro de 2022

Club Chulin

 

Érase unha vez un grupo de compañeiros que o 25 de decembro do 2021 foron a celebralo xuntos. Prepararon uns lagostinos á grella coa axuda das súas naia e pais. Despois de facelo puxéronse a xantar. Tras acabar de cerar doíalles a barriga; foron cheos á cama e ao día seguinte seguían cheos e non comeron. Estaban tan cheos que pasaron sete días sen xantar. Entraron nun bucle divino! Non querían pasar a súa vida así! Todo por culpa duns lagostinos!

 Aos tres anos a un deles saíulle un lagostino da barriga e comeu a súa cabeza. Non se soubo máis del en moito tempo. No funeral so foron os seus familiares e outros catro amigos. A súa casa estaba chea de lagostinos e quedaron asombrados.

Despois duns días encontraron o meu cadáver, pero os meus pais intentáronme revivir, pero convertinme nun zombi, non controlaba o meu corpo, non paraba de matar, ata que morrín por un tiro, pero iso tivo un gran prezo: 9.000.000 €. Custaba, pero claro, era indestrutible e de aceiro.

Volvín a revivir pero era un esqueleto, rompín o pé, pero fun ao museo e collín un pé de T-rex, falso, pero servíame.  A cousa era que a miña perna era demasiado pequena para ese enorme pé. O meu esqueleto rompíase todo o tempo, así que decidín coller o esqueleto  do T-rex falso e cambialo polo meu esqueleto. Sentíame raro pero estaba moito mellor. O bo era que o agora ía estar ben guapo. Todo ía normal ata que un día veñen un nenos a visitarme. O que ninguén sabía era que odiaba os  nenos. Por iso íalles lanzar a súa bomba nuclear para destruílos. A bomba encontrábase debaixo del, do museo.

A bomba explotou, os nenos morreron e o zombi comeulles as tripas. Un, estrañamente, reviviu pero noutro mundo, o seu mundo soñado, con todo o que quería, vivía nunha mansión multimillonaria co que quixera.

Entón, de repente, todo volveu á normalidade.

martes, 4 de xaneiro de 2022

Superlópez

 

Había unha vez un neno chamado López, tiña 8 anos e gustáballe xogar ao fútbol.

Un día, mentres que xogaba ao fútbol rompeu unha perna, e quedara cos seus amigos. Quedara de último entre os seus compañeiros e non había ninguén para axudalo; doíalle moito a perna. Pero López levantouse e foi á pata coxa a buscar axuda.

Cando o viron todos os seus amigos e pais indo á pata coxa sorprendéronse moito. Foron correndo ao hospital. Ao día seguinte a médica díxolle que tiña de estar coa escaiola durante 5 meses. López chorou porque non podía xogar ao fútbol. Un día pensou:

- E se fabrico unha cousas para aguantarme a pera e xogar?

Así, intentouno. Cando o intentou caeu e empezou a chorar. Viñeron correndo os pais preocupados. Os pais tranquilizárono e déronlle un regalo. Eran uns novos zapatos para cando se recuperase. E o outro regalo era unha camiseta de fútbol do Bicho asinada polo Bicho. O neno púxose máis feliz que ninguén nese mundo. Tiña tanta felicidade por dentro que a súa nai quitoulla por unha semana e o neno chorou moito. Ata a súa habitación estaba chea de auga dos seus ollos. A nai pasou un mes limpando a habitación. O neno pensou que se non podía camiñar, podía voar e converteuse en Superlópez.

Superlópez tiña a camiseta do Bicho e ía en calzóns con mallas. Gustáballe moito voar e ser Superlópez. O seu regalo preferido era a camiseta asinada polo Bicho. Entón todos querían xogar con el, pero pegoulles e matounos por non xogar comigo. Pero chegaron as nais e lanzáronme as chancletas e unha bomba. Non podía fuxir, se paraban as chancletas, a bomba explotaría. Todos morren da onda explosiva e a casa derrubouse.

xoves, 30 de decembro de 2021

Os segredos do bicho Siiiiuuuuuu

 

Érase unha vez na que un rapaz chamado Benito Camela Trujillo que de pequeno viviu unha historia terrorífica na que o monstro era moi terrorífico. Tiña uns ollos saltóns negros e un nariz pequeniño pequeniño, case non existía.

Todo empezou cando estaba durmido na súa habitación e escoitou uns ruídos que proviñan do armario. Levantouse da cama para ir a abrilo; abriuno pero non era ninguén. Pasaban os anos e escoitábanse voces, algunhas máis afogadas ca outras, outras con abafo, sempre se escoitaban en sitios cerrados e xa vive con iso.

Unha vez cansouse e buscou por toda a casa. E o monstro sorprendeuno. Era negro, cheo de sangue e os ollos vermellos, como chorando sangue.

Nada máis o vin, craveille un coitelo no ollo o monstro. Rabuñoume no peito, estaba desangrándome, pero xusto os meus pais chegaron e leváronme do meu cuarto para o salón, a falar  dunha cousa. Era que me ía levar a un internado.

Nese internado coñecín ao meu mellor amigo, era Marcelo.

O neno empezou a durmir e pola mañá encontrouse co mesmo monstro que estaba na habitación, só que agora era algo distinto: tiña a pel con escamas. Iso era porque o país vermello de onde viña, estaba morto.

Ao día seguinte, e seguinte, Benito gardou ao monstro nunha gaiola. Ao gardar ao monstro empezou a mellorar. Cada vez máis. Un día Benito tivo que investigar porque melloraba sen razón. Un día o monstro mellorou de todo. Pero sentíase culpable e decidiu saltar por unha ventá. Saltou pero cando ía aterrar os seus pais e o monstro paráronno e o o monstro colleuno no aire.

Os secretos do bicho Siiiiiuuuuu eran estes.

 

mércores, 29 de decembro de 2021

O gato nuclear

Había unha vez un gato que fixo unha bomba atómica para destruír a outros cans que lle roubaban a comida e así poder comer tranquilo sen que lle molestasen. Tardou uns días, mellor dito, meses, non, mellor dito anos.

- Ha ha ha ha – dixo o gato con voz sinistra.

- Por fin poderei comer a miña comida sen que me molesten.

Os cans buscaron e buscaron solucións para roubarlle a comida ao gato. Nada máis velo, pegáronlle un disparo. O gato morreu, pero antes de morrer explotou a Terra. Pero como os humanos xa o sabían, foron á Lúa.

Pero o gato sabía manexar metralletas, dinamita, tanques e coches.

Os humanos ao chegar á Lúa colleron moitos traxes de astronautas, colocaron un dispositivo para que houbera atmosfera, plantas e o planeta máis grande. Grazas a todos eses dispositivos, a Lúa, pouco a pouco foi converténdose nun planeta novo; o máis grande. Facíase chamar Luterra. Alí a contaminación era escasa xa que levaban pouco tempo.

A Lúa agora era un gran refuxio. O caso é que como a Lúa era máis pequena ca Terra, empezoulles a quedar pequena.

Un día prohibiron ter máis nenos. Esta lei foi un fracaso, as persoas intentaron ir a outro planeta pero non podían, despois de moitos anos non tiñan poboación e a xente enfadouse. Un home que quería ter un neno co que xogar ao fútbol, vingouse, destruíndo a Luterra. Terminou en anacos e con moitas mortes. Entón o home mudouse a outro planeta, chamado Saturno. Alí puido ter un fillo, só que había un problema, era unha nena.

Mentres estaban en Saturno o gato reviviu. Sofía, que era o seu nome, cambiouno por Guerroz.

Guerroz ía a polos cans, pero non podía porque estaban en Saturno. Encontrou outro gato e falaron sobre os cans e a comida. Guerroz preguntou ao gato:

- Como te chamas?

- Chámome...

 


luns, 27 de decembro de 2021

O heroe intrépido contra os tres monstros

 Había unha vez un heroe chamado Tim que se enfrontaba a un monstro. Un día decidiuse a enfrontarse contra o monstro máis poderoso chamado Pepeluis. Decidiu enfrontarse a el. Pepeluis tivo axuda de Papeluis e Pepalucía. Papeluis e Pepalucía eran os irmáns maiores de Pepeluis. Chámanse así porque a súa nai chámase Pepa e o seu pai chámase Luis. 

Pero volvendo á historia, os tres irmáns tiñan moito en común, porque a súa nai, antes de ser malvada era unha moi boa monstra. Tiña unha asociación para pobres chamada "Papayuda". Todo ía ben ata un día, en que chega un mago ao seu edificio. O mago conxelou o corazón de Pepa e para agora salvar ao mundo ten que desconxelalo Tim.

Tim foi a desconxelar o corazón de Pepa; tivo que ir a Animalalla, en barca, e tivo que ir a covas ata chegar ao monstro. O monstro cando o viu ruxiulle moi forte e el asustouse, pero nada lle ía impedir qe fixera a misión. Seguiu andando por diante del. O monstro non entendía porque non tiña medo del. Ata que o monstro ruxiu moi forte e Pepeluis saiu e escondeuse detras dunha rocha. O monstro saiu da cova e el seguiuno.

Despois duns mintos Pepeluis atacou ao monstro e acabou con el. 

Dun momento para outro empezou a chegar unhaa recompensa polo monstro e co diñeiro comprou un teléfono móbil.

O teléfono era moi caro pero igualmente comprouno. Despois foi de festa a celebrar que tiña un novo teléfono. Estaba borracho pero deu no Bicho e celebrouno. A nai chamouno e el contestou como se nada. Entón Tim activou un poder dos deuses e destruiu o seu planeta. Desde entón vai por planetas buscando rivais para derrotar. 

venres, 24 de decembro de 2021

Os xoguetes desaparecidos.

 Había unha vez unha xoaniña chamada Xiana. Gustáballe moito o Nadal. Cando chegou o seu día favorito ocorreu unha cousa: non lle trouxo regalos ninguén. Ela estaba moi triste, pero pasou outra cousa moito máis alegre, veu a súa familia con regalos. Estaba moi contenta. Pasaron unhas horas e empezou a xogar cos xoguetes. Regaláronlle un tren con vías de xoguete, un disfraz, un parruliño de goma e unha pulseira. O que máis lle gustou foi o tren. Un anaco despois foi bañarse e cando volveu non había ningún xoguete.

Empezou a buscar e a bucar pero non encontrou absolutamente nda, e pegou un berro. A súa familia foi correndo preguntando:

- Que pasou, miña nena?

- Que desapareceron os regalos.

E a nai mirou se desapareceran de verdade e deuse de conta que non estaba o regalo máis elegante, o do elfo espido. 

O elfo espido riuse diante dela. Aínda que despois de 5 minutos parou de rir e chorou porque non tiña regalos. Despois foron xunta a súa nai e o seu pai e choraron moito. E a nena buscando vinganza meteulles un golpe de machada na caluga. 

Pero despois resucitaron e matárona e dérona a comer a un escaravello.

Entón miña nai colleu a chancleta e meu pai o cinturón, as armas máis fortes do universo. Eles colleron "Miniguns" de lanzas de caramelo pero non foron problema para os meus pais. Pero eu si, encantábame o caramelo. Entón gustoume tanto que empecei a comer ata que me desmaiei e quedei atrapado no caramelo.

Os meus pais revivíronme co tren. Desde aquela, a nin no me gusta nada o caramelo e utilízoo como menciña. 

xoves, 23 de decembro de 2021

O can dos 40 mundos.

 Érase unha vez unha persoa que estaba na súa casa aburrida; entón decidiu ir ao parque e encontrou un can. O can era ben estraño: tiña os ollos azuis, cada ollo con dúas pupilas, a pelaxe era branca, con manchas grises. O que ninguén sabía era que o can era o gardián dos 40 mundos. Sisisisi, como escoitades, os 40 mundos. O caso é que cando encontras a ese can, tes que ir con el ata unha aventura. Pero a cousa que non contan os contos, é que a aventura non é normal.

O can acercouse a un neno chamado José que tiña 16 anos. O neno asustouse e empezou a correr, porque sabía que se ía meter nunha lea. El era medorento. Entón o can mirouno cunha cara como se José estivera facendo o ridículo. Ao ver a súa cara José retrocedeu, Tiña medo e non sabían que facer.

Catro meses despois creoulle un trauma moi grande e non podían ver a ningún can. Cando ía pola rúa se vía un can saía correndo para a súa casa. Botaba alí dúas semanas e despois volvía a suceder. José non paraba de dicir:

 - Nunca máis, nunca máis, nunca máis...

A nai, chamada Lía, non paraba de dicirlle que non pasaba nda, os cans non son malos.

Pero ese can, si que o era. Era malísimo.

Ese can chamábase Rocky.

Cando o can volveu acercarse a el, mordeulle a man.

Foron correndo ao hospital e o neno dixo:

- Que non era malo, non?

Quedou durmido coa anestesia que lle puxeron para coser a man.

Cando espertou os seus pais dixéronlle:

- Si fillo, vas morrer, ha ha ha ha, por feo.

O neno chorou e chorou e como ao final non morreu pola trabada do can, matouno o pai a golpes co machado e comérono. Non sabía ben, déronllo de comer ao can.

O can feliz de por fin comer carne humana, comeu o neno feliz como se nada. Os pais convertéranse en canibais!

Pero agora que si espertou, viu como os seus pais estaban alí ao ser carón, moi preocupados e sorrindo, todo fora un pesadelo. E o can feliz foi ao monte. No monte continuou a súa aventura el so. Non tiña recursos.

Outra persoa foi co can dos 40 mundos, e fixeron unha aventura que foi divertida.

luns, 4 de abril de 2011

Historias fantásticas


Un sábado pola maña, Carlota estaba tan tranquila na súa casa do bosque vendo a televisión e de repente sentiuse un estrondo. Saíu fóra e atopouse con que a súa casa estaba voando. Fixo unha viaxe ata o ceo, as nubes eran brandiñas e un can estaba na porta vixiando. Carlota acercouse e preguntoulle que tiña que facer. O can díxolle que tiña que ir ver ao gran deus; para ir velo tiña que pasar unhas probas: a primeira era andar por unha caixa de serpes; a segunda tiña que bucear no foso dos cocodrilos, na terceira tiña que andar por areas movedizas, na cuarta tiña que comer vermes. E na quinta tiña que comer rápido os espaguetis que fixera o can, pero o garfo empezou a moverse e meteuse só na boca de Carlota.


Uf, Carlota xa pasou todas as probas. O can díxolle que tiña o coello Fermín esperándoa ao final do corredor, fixouse no coello porque tiña ás, ou sexa que voaba.

Levoume ata unha porta que poñía: DEUS. Alí estaba o deus ó que a Carlota os seus pais dicianlle de pequena que el creara o mundo, que nos creara a nós e que era o máis poderoso. Carlota estaba un pouco nerviosa pero fíxoo, entrou; pero iso era distinto a como ela o imaxinaba, era como…¡unha praza de touros! Había un touro que estaba toureando; dixo Fermin que era o campeón de todo o ceo, Era boísimo entreando. Mentres o obserbaba fixamente oíase unha voz :Carlota…Carlota… Cando espertou todo era un soño, ¡vaia soño máis fantástico!

Andrea Mosquera Paradela





NA CORTE DO PORCO

Nun pequeno pobo de Galiza vivía un neno duns once anos chamado Nicolás; tiña unha irmá Sara. Vivían nunha granxa, pero non en calquera granxa, vivían nunha granxa máxica, na que había todo tipo de animais como: unha galiña que canta Chikilicuatre, un burro poeta, un unicornio que canta e baila… O único animal que non cantaba ou facía algo especial era o porco Pablo, que o único que sabía facer era falar. Un día Nicolás estaba escoitando música na luxosa corte do porco Pablo, e con luxosa refírome a que tiña unha piscina con barbullas, un equipo de música, etc… Ese día de verán pola tarde o Porco Pablo díxolle a Nico:
- ¿Por que eu non sei facer nada especial?
- Xa sabes facer algo- dixo Nico.
- ¿O que?- preguntou o Porco.
- Falar- dixo Nico.
- Pero iso non é especial- dixo o Porco.
Nico saiu correndo e o Porco Pablo quedo só na súa corte. Nico foi buscar ao resto dos animais para que lle ensinasen o que sabían facer. Pero… cando o burro quixo ensinarlle a facer rimas non facía máis que rimar Mera con pera. Así que lle tocou á galiña ensinarlle a cantar Chikilicuatre, pero… o porco non era capaz de cantar sen que comezase a chover, así que o elefante tratou de ensinarlle a bailara “loca” a canción de Shakira pero… o porco non era capaz de mover as cadeiras como fan Shakira e o elefante, así que foi o turno do unicornio, que lle quixo ensinar a bailar claquet, pero… o porco estaba tan gordo que non era capaz de mover as pernas.
- É imposible- dixo o porco- nunca serei especial.
- Iso non é verdade- dixo Sara- co paso do tempo descubriremos cal é o teu talento.
O porco asentiu coa cabeza. Un rato despois comezaron a contar chistes e descubriron que o talento do porco Pablo era contar chistes. Dende ese sábado pola tarde o porco é o cómico máis famoso do mundo.

Alba Casanova Casal


 Pedro Canzaslargas
Érase unha vez un neno chamado Pedro Canzaslargas. Un día foi a unha tenda de manualidades a mercar un pincel para pintar un cadro. O pincel custaba 5 euros, así que tivo que ir buscar mais cartos á casa. Cando volveu mercouno. Despois foi á casa a probalo. Pintaba ben pero, de súpeto, escoitouse: “thriller”, e colleu medo. O pincel seguiu bailando. Pedro foi chamar á súa nai para que o vira, pero cando a nai entrou, parou de bailar. A nai de Pedro díxolle que estaba soñando, pero Pedro non mentía. Foi chamar ó seu pai que tamén lle dixo que estaba soñando. Díxollo ás súas vintedúas irmás e tampouco o creron, pero o seu irmán Joaquín Canzaslargas sí que o creu e idearon un plan de abandono xa que o pincel estaba encantado.

Ó día seguinte foron a un mosteiro vello preto da súa casa. Alí todo estaba escuro e ía moito frío xa que estaban no mes de xaneiro. Había pingueiras que facían “tac, tac, tac”, o problema era que se escoitaban pasos dalguén, era pasos dunha persoa grande porque facían moito ruído.

De súpeto apareceu a sombra dunha persoa ó lonxe, pero segundo se ía acercando parecía máis grande e cheiraba peor.

Tiña as orellas grandes que parecían conos. E, entón, apareceu un “OGRO” que dixo:

- Que facedes no meu territorio?, este mosteiro é meu, así que fóra! –berrou o ogro-.

Pedro contestou:

- Só vimos traerlle un agasallo que penso que lle vai gustar: é verde, amarelo, longo e con pelos.

- Que é, unha boneca? –preguntou-.

- Non é un pincel que baila Michael Jackson!, - dixo Joaquín-.

- Ben, pois eu regálovos o mosteiro, -dixo o ogro pensativo-.

- Non, non o queremos, o mosteiro é a súa casa!, -exclamou Pedro-.

Pero de súpeto apareceu un pegamento, que por riba anda. E nun acuario un peixe que se colgaba das pólas que había. Era un peixe-mono. Pedro díxolle ó ogro:

- Se nos das o pegmento e máis o peixe pódeste quedar co pincel, vale? –dixo Joaquín-.

- Acepto, así que cando queirades podes vir tomar un café ou algo, -dixo o ogro-.

- Adeus, -contestaron os irmáns-.

- Adeus, -dixo o ogro, índose polo corredor porincipal-

FIN

Brais García García