Érase unha vez un grupo de compañeiros que o 25 de decembro do 2021 foron a celebralo xuntos. Prepararon uns lagostinos á grella coa axuda das súas naia e pais. Despois de facelo puxéronse a xantar. Tras acabar de cerar doíalles a barriga; foron cheos á cama e ao día seguinte seguían cheos e non comeron. Estaban tan cheos que pasaron sete días sen xantar. Entraron nun bucle divino! Non querían pasar a súa vida así! Todo por culpa duns lagostinos!
Aos tres anos a un deles saíulle un
lagostino da barriga e comeu a súa cabeza. Non se soubo máis del en moito
tempo. No funeral so foron os seus familiares e outros catro amigos. A súa casa
estaba chea de lagostinos e quedaron asombrados.
Despois duns días encontraron o meu cadáver, pero os meus pais intentáronme
revivir, pero convertinme nun zombi, non controlaba o meu corpo, non paraba de
matar, ata que morrín por un tiro, pero iso tivo un gran prezo: 9.000.000 €.
Custaba, pero claro, era indestrutible e de aceiro.
Volvín a revivir pero era un esqueleto, rompín o pé, pero fun ao museo e
collín un pé de T-rex, falso, pero servíame.
A cousa era que a miña perna era demasiado pequena para ese enorme pé. O
meu esqueleto rompíase todo o tempo, así que decidín coller o esqueleto do T-rex falso e cambialo polo meu esqueleto.
Sentíame raro pero estaba moito mellor. O bo era que o agora ía estar ben
guapo. Todo ía normal ata que un día veñen un nenos a visitarme. O que ninguén
sabía era que odiaba os nenos. Por iso
íalles lanzar a súa bomba nuclear para destruílos. A bomba encontrábase debaixo
del, do museo.
A bomba explotou, os nenos morreron e o zombi comeulles as tripas. Un,
estrañamente, reviviu pero noutro mundo, o seu mundo soñado, con todo o que
quería, vivía nunha mansión multimillonaria co que quixera.
Entón, de repente, todo volveu á normalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario