martes, 4 de xaneiro de 2022

Superlópez

 

Había unha vez un neno chamado López, tiña 8 anos e gustáballe xogar ao fútbol.

Un día, mentres que xogaba ao fútbol rompeu unha perna, e quedara cos seus amigos. Quedara de último entre os seus compañeiros e non había ninguén para axudalo; doíalle moito a perna. Pero López levantouse e foi á pata coxa a buscar axuda.

Cando o viron todos os seus amigos e pais indo á pata coxa sorprendéronse moito. Foron correndo ao hospital. Ao día seguinte a médica díxolle que tiña de estar coa escaiola durante 5 meses. López chorou porque non podía xogar ao fútbol. Un día pensou:

- E se fabrico unha cousas para aguantarme a pera e xogar?

Así, intentouno. Cando o intentou caeu e empezou a chorar. Viñeron correndo os pais preocupados. Os pais tranquilizárono e déronlle un regalo. Eran uns novos zapatos para cando se recuperase. E o outro regalo era unha camiseta de fútbol do Bicho asinada polo Bicho. O neno púxose máis feliz que ninguén nese mundo. Tiña tanta felicidade por dentro que a súa nai quitoulla por unha semana e o neno chorou moito. Ata a súa habitación estaba chea de auga dos seus ollos. A nai pasou un mes limpando a habitación. O neno pensou que se non podía camiñar, podía voar e converteuse en Superlópez.

Superlópez tiña a camiseta do Bicho e ía en calzóns con mallas. Gustáballe moito voar e ser Superlópez. O seu regalo preferido era a camiseta asinada polo Bicho. Entón todos querían xogar con el, pero pegoulles e matounos por non xogar comigo. Pero chegaron as nais e lanzáronme as chancletas e unha bomba. Non podía fuxir, se paraban as chancletas, a bomba explotaría. Todos morren da onda explosiva e a casa derrubouse.

Ningún comentario: