- Ola, benvido ao banco. Quería un préstamo. Si.... Seguinte!
- Ola, encantado. Que non lle chegou o recibo. Pase por aí. Seguinte!
Como vedes son un banqueiro de Vila Glorida, e..., a miña vida é moi
rutineira e normal, estrésanme os cambios.
Un día tiven que mudar de casa, empecei a estresarme. Tiña que mudarme
lonxe por un familiar. A min gustábame o meu traballo. Entón estreseime moito,
tanto que me desmaiei. Por sorte alguén me viu e chamou a unha ambulancia.
Cando espertei había alguén máis na habitación. Era o meu familiar. Díxenlle:
- A ti coñézote. Es Toño, o tío do meu pai!
O home preguntou:
- Cantos anos tes?
Toño respondeu:
- Teño 51 anos.
- Que maior es.
- Si, un pouco, pero consérvome ben.
Ao cabo duns minutos veu a enfermeira para darme a alta. Cando nos fomos do
hospital, fómonos á nosa cada, preparamos o xantar e comemos.
E despois atopamos un can diante da porta.
Mentres o can ladraba estaba escoitando a canción de Mr. Trance. Un paxaro
preguntoulle:
- Como che pode gustar esa canción?
O can contestou:
- La vida se te vuelve...
O paxaro dixo:
- Que que que?
O can dixo:
- La masa es tan cruel...
O paxaro escapou porque non entendía nada e foi a Andalucía a ver aos
sevillanos.
- O can non é feo, dixemos.
Ao can gustoulle moi Andalucía. Entón quedaron con el pero o paxaro tiña
moita fame. Tanta que case come a súa á. Entón unha nena deulle a súa merenda.
O que ninguén sabía era que o banqueiro era o paxaro.
(Música de tensión).
Ningún comentario:
Publicar un comentario