sábado, 8 de xaneiro de 2022

O soño Nevado

 


En Sada, hai moitos anos caeu unha nevada e a unha persoa caeulle neve na casa e tivo que ir á súa casa porque tiña frío. Quitou a neve da súa cara, pero do frío, tiña toda a cara irritada e con ampolas. Decidiu ir a emerxencias xa que se encontraba fatal e non sentía o nariz. Cando ía ver ao médico descubriu que non podía entrar. De súpeto unha voz dunha megafonía de correo próxima soa:

- A cidade estará nevada ata que rematen as eleccións.

O caso é que non podían ter que ver as eleccións cunha nevada, ou polo menos, iso cría eu.

As eleccións estaban nunha televisión do parque. A persoa á que lle caeu neve na cara descubriu que o da neve non fora un  desastre natural, se non que era unha seita que estaba contra el. Esa seita seguiu intentando amargarlle a vida. Todo funcionaba e todas as trampas as collía el.

Un día fartouse e decidiu ir contra esa seita para acaba coa súa dor. Ao final o médico díxolle que quedara en casa, e el quedou. Esa persoa chámase Lucas. Mentres vía a tele comía patacas, pizza, hamburguesa, para relaxarse.

Entón cansado de esperar saíu da súa casa. E encontrouse coa seita e raptárono. Fixéronlle un montón de preguntas. Se non contestaba tirábanlle un cubo de 5 litros á cara, pero como tiña frío decidiu responder a absolutamente todo. E apareceu Mr. Santiago que estaba nun botellón. O botellón era moi divertido, estaba todo o mundo aí. Había tanto alcohol que non podían estar máis borrachos. Todos gritaban:

- GRACIAS AMBICIÓN, ISTO É PARA VÓS, SIIIIII

Pola mañá tiña unha resaca que alucinas. Entón volveu a durmir. Pero ao final todo era un soño.

Ningún comentario: