martes, 11 de xaneiro de 2022

O gatiño feliz.

 


Era un gato abandonado morto de frío. Unha nena encontrouno e quedou con el. Ao dia seguinte xa estaba na casa quentiño. O gato chamouse Filia. Filia tiña 4 meses, e non paraba de durmir. Un día foi ao veterinario pero el non quería, así que sacou as uñas. O veterinario deulle un tranquilizante e tranquilizou un pouco. Deixaron que o revisaran e tiña unhas feridas como se o houberan atropelado, e díxolle ao médio:

- Dáme a túa cousiña, dáme a túa cousiña.

Entón  conxurou un feitizo e curouse. Logo dixo:

- Bebesita brrrrrrr Anuel.

Era Anuel dobre. A que foi a consolar o gato atropelado. Anuel díxolle:

- Brrrrrrr.

E o gato alegrouse. Pero o que non sabían e que o gato tiña o espírito de Naty Peluso e había que facerlle un exorcismo. O gato púxose a bailar e cantar en medio do veterinario e saíu á estrada e volveron a atropelalo.

Ao gato tivéronlle que dar outro tranquilizante para que se tranquilizara. O gato non se tranquilizou e non sabían que facer con el. Probou a darlle substancias radioactivas pero converteuse nun monstro con saliva de ácido sulfúrico e uñas de ferro. Intentei paralo, pero cortoume en dous. A dor que sentía era enorme e quería matar a todo o mundo.

Saíu do veterinario correndo, perseguindo á xente. Ninguén morreu porque chegou un cazador cun veleno para que o gato se convertera nun gato normal como antes e conseguiuno. Pero dous meses despois, ao gato comezáronlle a saír unhas ronchas nos ollos, no nariz e nas orellas. As ronchas eran dun verde neon e cada día inchábanse un pouquiño máis. Ata que un día converteuse en Raw Alejandro. Tiñan que facer outro exorcismo! O gatiño esta vez estaba quieto. So dicía:

- Raw, Raww Alejandro.

Esta vez o exorcismo saíu moi ben. O gatiño xa era normal. Celebraron unha festa.

Ao final encontrei unha cura e volveuse normal. Xa estaba ben e creceu na miña casa.

 

 

Ningún comentario: