Érase unha vez no colexio CPI Cruz do Sar, na nosa clase que estabamos facendo unha historia entre toda a clase. Estamos todos sentados, calados e escribindo. Ata que lle tocou a Daniel; el fíxoo fatal. Pero non importou porque empezou un apocalipse zombi. Nun ano os zombis aprenderon a manexar armas, coches e avións e todo se foi á caca. Todos empezaron a correr e un zombi foi a por moita xente pero todos escaparon grazas a un avión. O piloto era un militar das forzas de EE.UU. Chamábase Sabob. Sabob era un home maior que leva toda a súa vida pilotando avións e preparándose para este momento.
De súpeto cae unha bomba. Un gran estrondo interrompe o exame de Sociais da
outra clase. Claro, Sabob ao ver que os nenos remataron o exame, enfadouse.
Había unha bomba e ningún se enfadou. O seu plan fracasara!
Os nenos empezaron a correr. Aparece un malvado neno chamado Ian; era moi
malo e pechou a saída para que ninguén fuxira. Mentres a profe corrixiu os
exames e todos suspenderon, pero un neno chamado Alex sacou ao neno malo da
porta cunha patada inferior. As nenas máis listas sacaron 9. Alex falou con
Ian. Pero Ian non lle facía caso. Nese momento Alex dixo:
- Se non é polas boas, será polas malas.
Colleu a regra de metal. Nada, Ian non falaba. Alex cando colleu a regra pegoulle
na man superforte pero Ian seguía sen facerlle caso. Pero díxolle:
- Faime caso.
E fíxolle caso.
Todo era un soño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario