domingo, 9 de xaneiro de 2022

O trasno

 

Era un día frío e húmido. As follas de todas as árbores caducas estaban no chan; xa comezara o inverno. Nunha pequena casiña de madeira internada na espesura do bosque as luces de festa nunca cesan. Dentro aloxábase un pequeno trasno, cun poder espectacular. Coa cheminea que había dentro da casiña podía teletransportarse a onde el quixera.

Nese momento chegou á casa dun neno chamado Pablo. Cando o trasno foi á casa o neno viuno e desmaiouse. Non era porque vira alí un trasno, se non porque lle tiña moito medo aos trasnos porque unha vez de pequeno, nunha festa de aniversario había un trasno chamado Steven. Iso non é todo, Steven decidiu ir no aniversario disfrazado de “A monxa”. Pablo preguntou:

- Como chegaches ata aquí?

Un neno chamado Leo dixo:

- Teño un poder, o teletransporte.

Pablo sorprendeuse.  Leo foise a súa casiña.

Pablo preguntou quen era en realidade.

El dixo:

- Son un neno coma ti, pero teño un poder de teletransporte.

E Pablo dixo:

- Que guai, como mola.

O outro neno dixo:

- Non sei que significa iso.

E díxolle:

- Poisssss como que non?

O neno dixo:

- Non sei o que é iso, que queres faga.

O neno pensativo estivo pensando todo o día que significaba iso. Pola noite, eran as 3:00 a.m. e dixo:

 - Ben, vou durmir.

Pero tiña pesadelos por culpa do trasno. Soñaba que unha torta xigante o perseguía. A torta tiña boa pinta, era grande e tiña pés. De súpeto, da torta saíu o trasno e cando o trasno ía avalanzarse sobre el, espertou.

Ningún comentario: