xoves, 13 de xaneiro de 2022

O unicornio Guantanamera

 Érase unha vez un unicornio con nariz vermello. Todos os seus compañeiros de clase ríanse del porque o seu nariz era de cor.

Un día chegou á clase e el era totalmente guapo e os seus compañeiros quedaron asombrados. O unicornio ríase deles porque era moito máis guapo que eles. Ata que eles decidiron vingarse e rompéronlle o corno. El morreu. Desde entón el é unha fantasma que pola noite rompe os cornos dos seus amigos. Un día, un quedou esperto para quer quen era o que rompía os cornos dos demais. Era el, o unicornio sen cornos.

A fantasma do unicornio perseguiu ao outro para poder romper o seu corno, pero as fantasmas non corren moi rápido; por iso, a través dos séculos, adoptaron a capacidade de atravesar as paredes. Grazas a ese superpoder, a fantasma logrou romper o pescozo. Si, o pescozo. A fantasma non rompera o corno, rompera o pescozo. Foi moi desagradable de principio, pero despois decatouse de que ía a romper todos os pescozos e, así, acabar co mundo. Tras un ano sendo esta temida fantasma, só lle quedaba un pescozo por romper. Cando a fantasma chegou ao último pescozo o unicornio convenceuno para que parase. Quedou moi enfadado porque non obtivera o seu obxectivo; aínda que o convenceran, quería vingarse. Aínda que tiña moito noso, aguantouse; iso de ter un amigo gustáballe. O unicornio, por certo, chamada Lilia non paraba de arrincar pescozos. Lilia dixo:

- Encántame arrincar pescozos!

Non paraba, e seguía, e seguía, ata que un día parou e dixo:

 Xa é moi aburrido.

E foi a súa casa, comeu e foi durmir.

Ao día seguinte volveu a facer o mesmo.

Todo era un soño de Leo, un neno doutro conto do mundo.

Ningún comentario: