venres, 24 de decembro de 2021

Os xoguetes desaparecidos.

 Había unha vez unha xoaniña chamada Xiana. Gustáballe moito o Nadal. Cando chegou o seu día favorito ocorreu unha cousa: non lle trouxo regalos ninguén. Ela estaba moi triste, pero pasou outra cousa moito máis alegre, veu a súa familia con regalos. Estaba moi contenta. Pasaron unhas horas e empezou a xogar cos xoguetes. Regaláronlle un tren con vías de xoguete, un disfraz, un parruliño de goma e unha pulseira. O que máis lle gustou foi o tren. Un anaco despois foi bañarse e cando volveu non había ningún xoguete.

Empezou a buscar e a bucar pero non encontrou absolutamente nda, e pegou un berro. A súa familia foi correndo preguntando:

- Que pasou, miña nena?

- Que desapareceron os regalos.

E a nai mirou se desapareceran de verdade e deuse de conta que non estaba o regalo máis elegante, o do elfo espido. 

O elfo espido riuse diante dela. Aínda que despois de 5 minutos parou de rir e chorou porque non tiña regalos. Despois foron xunta a súa nai e o seu pai e choraron moito. E a nena buscando vinganza meteulles un golpe de machada na caluga. 

Pero despois resucitaron e matárona e dérona a comer a un escaravello.

Entón miña nai colleu a chancleta e meu pai o cinturón, as armas máis fortes do universo. Eles colleron "Miniguns" de lanzas de caramelo pero non foron problema para os meus pais. Pero eu si, encantábame o caramelo. Entón gustoume tanto que empecei a comer ata que me desmaiei e quedei atrapado no caramelo.

Os meus pais revivíronme co tren. Desde aquela, a nin no me gusta nada o caramelo e utilízoo como menciña. 

Ningún comentario: