domingo, 13 de decembro de 2009


Aquí están as nosas tarxetas, coas que participamos no Concurso de Tarxetas do Equipo de Normalización Lingüística do cole.

Vai chegando o Nadal


Vai chegando o Nadal e xa imos poñendo algo de decoración na aula. Esta é una cenefa de estrelas nas que algúns aplicaron algunha das técnicas que traballamos en Expresión Plástica.

E tamén estamos facendo estes simpáticos Papa Noel..

xoves, 3 de decembro de 2009

Visita ó Museo de Belas Artes

O pasado xoves, 26 de novembro, fixemos unha visita ó museo de Belas Artes da Coruña.
Alí, acompañados dunha monitora visitamos parte das salas, onde nos explicaron algúns dos cadros que alí se expoñen. Ó remate da visita comezamos a elaborar a nosa versión dun cadro de Isaac Díaz Pardo, onde traballamos a expresión de distintas emocións: sorpresa, enfado, tristura e ledicia.
Estes días estamos a rematar os traballos na clase e logo imos expoñelos no cole. Xa veredes que ben nos quedan...

martes, 24 de novembro de 2009

Liñas

Despois de usar o punto, traballamos coa liña e neste primeiro exercicio usámola para darlle cor á familia Monifate.




domingo, 1 de novembro de 2009

Magosto e Samaín


O pasado venres, 30 de outubro, celebramos no cole o día do Samaín e tamén fixemos o Magosto. Para iso coloreamos debuxos sobre o tema e fixemos un móbil con cabazas.
Ademais tamén limos e traballamos sobre o conto "A castaña Dorinda".
Despois de comer as castañas e xogar un anaco no "bosque", fomos ver a exposición coas cabazas que trouxemos.


!Vaia susto!

Sol de outono


Como xa estamos no outono coloreamos este sol rodeado de follas e froitos de outono.

Despois cada neno ou nena da clase pintou unha peza do puzzle xigante co mesmo debuxo. Despois de montalo adornámolo con follas de árbores. E este é noso mural de outono.

Os alimentos

Estamos estudiando os alimentos, e para ver cales son de orixe animal e cales de orixe vexetal fixemos este pequeno mural.

O abecedario


xoves, 15 de outubro de 2009

Perico o cangrexo

O pasado martes, 13 de outubro fomos á Senra para ver a representación da obra de títeres titulada "Perico o cangrexo". Esta baseada no libro do mesmo título da editorial Ir Indo.
A obra conta o que fan uns rapaces na praia e os problemas que teñen algúns dos animais que viven nas pozas das praias. Grazas a Perico o cangrexo todos aprendemos que hai que respectar a vida de tódolos seres vivos, aínda que sexan pequeniños coma os que viven nas pozas da praia.







O libro estará na biblioteca do cole por se vos apatece lelo e coñecer a unha morea de animaliños que viven no mar.

mércores, 30 de setembro de 2009

Reunión de pais e nais

O vindeiro martes 20 de outubro de 2009, ás 17:00 celebraremos a reunión de pais e nais de comezo de curso na aula de 2º A, na que trataremos diferentes temas relacionados co inicio do curso. Sexan todos e todas benvidos e benvidas.

Puntillismo


Este é o noso primeiro traballo de Expresión Plástica. Utilizamos só puntos para darlle cor a este tucano. Parece que gustou porque xa usamos esta técnica libremente noutros traballos.

xoves, 17 de setembro de 2009

Presentación

Este é o lugar de exposición dos traballos artísticos do alumnado do grupo de 2º A de Ed. Primaria do C.P.I. Cruz do Sar de Bergondo. Veremos aquí ata onde chega a creatividade. De seguro que nos sorprenden...